O ALCALDE DE BARREIROS DESENVOLVERÁ EN FITUR UNHA INTENSA AXENDA DE TRABALLO DO 23 AO 25 DE XANEIRO

O ALCALDE DE BARREIROS DESENVOLVERÁ EN FITUR UNHA INTENSA AXENDA DE TRABALLO DO 23 AO 25 DE XANEIRO. FUENTE PARGA ASISTIRÁ A ACTOS INSTITUCIONAIS E MANTERÁ ENCONTROS CON VARIAS EMPRESAS TURÍSTICAS.

Barreiros, 21 de xaneiro de 2019. Intensa axenda a que desenvolverá o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, en Fitur do 23 ao 25 de xaneiro. O rexedor asistirá a varios actos institucionais e manterá encontros con varias empresas turísticas.

Fuente Parga contou que “como se ven facendo todos os anos e tendo en conta que o Concello de Barreiros en turismo ten moito que dicir, vou desprazarme á feira Fitur en Madrid. Por un lado, para acompañar aos alcaldes da Mariña lucense e asistir xa o mércores, día 23, á presentación de E para comer, Lugo porque estamos na provincia de Lugo e é importante que fagamos piña nese sentido; e o xoves 24 asistirei á presentación do vídeo de A Mariña lucense así como tamén a outras presentacións como son as das Semanas Santas, nas que están Viveiro e Mondoñedo. Hai que ter en conta que como concello da Mariña que é un referente en turismo Barreiros debe estar aí”.

O alcalde barreirense seguiu a relatar que “o venres 25 o presidente da Xunta vai estar no stand de Galicia e tamén consideramos importante acudir a este acto dándolle ese empuxe a Galicia porque en definitiva o que queremos todos é que o turismo se desprace a Galicia e que veña á provincia de Lugo e, como non, que se achegue á Mariña lucense e que visiten tamén o concello de Barreiros”.

A axenda de traballo de Alfonso Fuente Parga inclúe varias xuntanzas con empresas turísticas: “e logo, xa dentro dunha serie de entrevistas que están programadas, o xoves 24 ás dez da mañá vou ter unha reunión cunha axencia que se dedica a mover peregrinos no Camiño de Santiago. Estivemos vendo a súa páxina e cremos que se pode implementar máis información sobre Barreiros, dado que non aparecen as fotos dos albergues nin todo o que se pode visitar ao paso polo Camiño de Santiago no noso concello. E tamén está programada para o xoves 24 outra reunión con outra axencia que se dedica á programar rutas. Estivemos vendo a súa páxina e xa estiven en contacto con eles porque preparan rutas en distintos puntos de España e evidentemente queremos que Barreiros poida ser unha zona a visitar ou para hospedarse aínda que as rutas se fagan ao longo da Mariña. Ademais o venres ás 10 e media da mañá imos ter tamén unha entrevista cunha revista que se dedica ao turismo familiar, porque cremos que é importante ese turismo para Barreiros”.

O rexedor anunciou que “se acaban de convocar as axudas da Axencia Galega de Turismo e este ano imos solicitar unha para sinalizar os recursos turísticos do noso concello, como o San Esteban do Ermo, o Camiño de Santiago ou a nosa costa coas nosas praias. Estase preparando xa o proxecto para tramitala”.

O GRUPO DE TEATRO O BORDELO ACTUARÁ EN BARREIROS O 27 DE XANEIRO. TOLURAS DE PROVEITO SERÁ A OBRA QUE REPRESENTARÁ

 O GRUPO DE TEATRO O BORDELO ACTUARÁ EN BARREIROS O 27 DE XANEIRO. TOLURAS DE PROVEITO SERÁ A OBRA QUE REPRESENTARÁ.

Barreiros, 21 de xaneiro de 2019. A Concellería de Cultura barreirense organiza unha representación teatral que terá lugar o vindeiro domingo, 27 de xaneiro.

O grupo O Bordelo porá en escena a obra Toluras de proveito. Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro o domingo ás 18:00 horas.

Trátase dunha comedia costumista, orixinal do director do grupo, Francisco Piñeiro.

O BNG INSTA AO CONCELLO DE BARREIROS A ESIXIR DO MINISTERIO DE FOMENTO UNHA ENTRADA DIRECTA AO POLÍGONO NA CONEXIÓN DA A-8 E A FUTURA A-74

Desde a formación nacionalista consideran que é tecnicamente posible e que dese xeito o polígono de Barreiros sería o mellor situado a nivel de comunicación por estrada.

Barreiros, 20 de xaneiro de 2019. O Bloque Nacionalista Galego en Barreiros vén de presentar unha moción para o seu debate no pleno do vindeiro luns a respecto da necesidade de que o Concello de Barreiros presente unha alegación ao proxecto da A-74 para garantir que o polígono industrial situado na Cruz do Lobo conte con un acceso directo á conexión desa autovía coa A-8 que se proxecta a escasos metros do mesmo.

A portavoz municipal, Ana Ermida, asegura que “nunha obra da envergadura da que se prevé,  realizar unha conexión co polígono de Barreiros que lle garanta maior facilidade de acceso ao mesmo, é tecnicamente posible e economicamente viable, xa que o polígono está a escasos 500m. da conexión.” Asegura, ademais, que “con esta pequena medida, o polígono de Barreiros pasaría a converterse na zona industrial mellor situada en toda a A-8 e na propia A-74, co pulo que iso suporía á zona industrial e as repercusións económicas e sociais que se derivan dese feito”.

Para o BNG, “apostar pola política industrial en Barreiros é facer este tipo de xestións e non anunciar implantacións de empresas pantasmas cada catro anos en período electoral”, afirman.

Ana Ermida asegura que “se o polígono de Barreiros conta con unha entrada directa que evite os desprazamentos a contrasentido para o acceso aos mesmos, a competitividade que se lles dá ás empresas que xa están instaladas no mesmo e a posta en valor do propio polígono pode ter unhas fantásticas consecuencias no desenvolvemento económico do municipio.”

“Queremos arrincar o compromiso do goberno municipal de que poña os servizos técnicos a traballar nesta proposta e que antes do 5 de febreiro, cando finaliza o prazo de alegacións, presente ante o Ministerio de Fomento a proposta técnica para esixir que se teña en conta no trazado definitivo da A-74 a necesidade do polígono barreirense de contar con ese servizo de acceso directo”, explica a portavoz municipal.

Se no pleno do luns a moción non sae adiante, o BNG asegura que o será a propia formación nacionalista a que se dirixa ao Ministerio.