A PLATAFORMA SANITARIA FLETARÁ AUTUBUSES PARA ACUDIR Á MANIFESTACIÓN POLA SANIDADE PÚBLICA EN COMPOSTELA O 10 DE FEBREIRO

A PLATAFORMA SANITARIA FLETARÁ AUTUBUSES PARA ACUDIR Á MANIFESTACIÓN POLA SANIDADE PÚBLICA EN COMPOSTELA O 10 DE FEBREIRO.

A Mariña ,31 de xaneiro de 2019. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, tras unha reunión mantida onte, anuncia que fletará autobuses para acudir á manifestación en defensa da sanidade pública o vindeiro 10 de febreiro en Compostela. A mobilización sairá da Alameda ás 12 horas e tras percorrer diversas rúas de Santiago, rematará na Praza da Quintana. A mobilización está convocada por SOS Galicia, colectivo no que estamos integrad@s e que aglutina a todas as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Galicia.

As reservas para ir en autobús pódense facer nos teléfonos 667 052 058, 982 58 18 61, 982 14 06 54 (de 10 a 14 horas) e 982 56 10 01. O último día para reservar plaza será o mércores 6 de febreiro ás 14 horas.

Desde a Plataforma Sanitaria animamos a todas as veciñas e veciños da comarca a acudir de forma multitudinaria a esta convocatoria, na que SOS Galicia esixirá ao Goberno da Xunta a eliminación dos recortes, rematar coa situación marxinal da Atención Primaria, a recuperación das Áreas roubadas, a dotación axeitada dos PAC e urxencias hospitalarias, e a recuperación de todos os servizos perdidos. “ Para esta comarca é vital a recuperación da nosa área sanitaria , espoliada polo goberno do PP de forma despótica ao non querer escoitar a profesionais, axentes sociais, veciñas e veciños nen aos grupos da oposición. Por iso temos que volver a Compostela a berrar nunha soa voz que queremos unha sanidade pública de calidade”- conclúe o Víctor Vila, portavoz do colectivo.

UNANIMIDADE NO CONCELLO DE BARREIROS PARA A MOCIÓN DA PLATAFORMA SANIDADE QUE SOLICITABA UN SERVIZO DE PEDIATÍA DE CALIDADE NA MARIÑA

UNANIMIDADE NO CONCELLO DE BARREIROS PARA A MOCIÓN DA PLATAFORMA SANIDADE QUE SOLICITABA UN SERVIZO DE PEDIATÍA DE CALIDADE NA MARIÑA

A moción da Plataforma Sanitaria da Mariña foi defendida polo portavoz do colectivo, Víctor Vila, nun pleno abarrotado de veciñas e veciños.

A Mariña, 28 de Xaneiro de 2019. De novo a  moción presentada pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Mariña no Concello de Barreiros acadou o voto favorable de forma unánime. Nunha sesión plenaria abarrotada de veciñas e veciños , a moción foi defendida polo portavoz do colectivo, Víctor Vila, tras cederlle o seu primeiro turno de palabra o grupo municipal do Bng e ser este aceptado pola corporación.

Desde a Plataforma Sanitaria queremos de as grazas a todos os gupos políticos que conforman a Corporación Municipal polo seu voto favorable. Agardamos que esto non quede só nun xesto e “ se traslade á Xunta o acordo unánime tomado en Barreiros, para que comecen a traballar na solución deste grave problema sanitario que afecta tamén aos veciños Concellos de Mondoñedo e Lourenzá”- manifesta Víctor Vila.

A asociación de Hostelería de Barreiros fai bo balance da súa visita a Fitur 2019

A asociación de Hostelería de Barreiros fai bo balance da súa visita a
Fitur 2019, na cal se deu cita con oito axentes do sector turístico.
Xornada e media estiveron en Fitur as persoas representantes da asociación de Hostelería de Barreiros, curta pero intensa visita que o colectivo, de apenas medio ano de andadura, valora moi positivamente.
Con motivo desta visita elaboraron tarxetas e un sinxelo folleto que tiña como única finalidade
dar a coñecer a existencia da asociación e sinalar e localizar Barreiros no mapa. Este material promocional foi esencial para os encontros realizados con axentes do sector turístico, que
finalmente foron máis dos marcados inicialmente.
A asociación deuse cita con axencias minoristas que traballan como emisoras, e que fan chegar á Mariña Lucense grupos ou persoas particulares baixo a experiencia paquetizada. Tamén a
maioría das contactadas traballan co Camiño de Santiago e máis particularmente co Camiño
Norte, as cales precisan do sector hostaleiro para contratar pernoctas en aloxamentos privados debido a que non é posible a realización de reservas en albergues municipais,
segundo transmiten. A maioría das contactadas comentaron que cando se dan fins de etapa en Barreiros se contratan hospedaxes en Ribadeo, o que supón trasladar aos peregrinos a unha
localidade anterior pola cal xa pasaron, e que descoñecían a existencia de establecementos de aloxamento de semellantes características nun radio de distancia menor. A entender da
asociación, esta é unha cuestión que está claramente desaproveitada para os establecementos barreirenses e que supón unha oportunidade de negocio. Explorar a posibilidade de poñer en
alza o Camiño do Mar, Ribadeo-Ferrol pola costa, e referenciar a existencia de establecementos asociados que se atopan no trazado oficial do Camiño Norte foron outras das cuestións trasladadas.
En canto ás experiencias paquetizadas, que incluirían ademais de actividades, xantar, cea e aloxamento, as axencias contactadas dispoñen xa de algún plan tipo adaptable ou xa aplicado
á Mariña Lucense, mais non estaban a traballar con ningún establecemento de Barreiros.
Neste sentido, a asociación hostaleira considera preciso aproveitar como oportunidade o auxe que está a ter a Mariña Lucense como xeodestino, trasladando ás axencias interesadas un
dossier detallado dos recursos dispoñibles no concello barreirense que fagan máis cómoda e práctica a estadía do turista, e polo tanto, sexa esta unha alternativa máis “vendible”. Entre estes recursos deberán estar a relación de establecementos asociados e as particularidades de cada un para encaixar as diferentes demandas.
Outro dos encontros mantidos tivo lugar cunha cadea de aloxamentos independentes que operaran baixo un mesmo paraugas de venta, con axencias maioristas e minoristas, o que multiplicaría as opcións de reservas. Esta mesma idea de aumentar o número de pernoctas mediante o emprego dun sistema de distribución das habitacións nos buscadores de reservas na rede, é o ofertado por outra das empresas coas que tamén se estableceu contacto.
Finalmente tivo tamén lugar unha conversa cunha Central de Reservas de Restaurantes para grupos concertados, o que ao traballar sobre demanda facilita o beneficio e organización de
dito servizo.
Con todas as entidades contactadas se acordou, por ambas dúas partes, compromiso a manterse en contacto nos vindeiros días, coa finalidade de valorar posibles acordos nun futuro próximo. O feito de asistir e presentarse como asociación, é dicir, como unidade e cun
considerable número de establecementos asociados, foi moi ben valorado polas entidades contactadas xa que facilita a consecución de acordos e aumenta as posibilidades de oferta para as axencias, ao tempo que para os establecementos pode resultar ventaxoso debido a que as cotas ou comisións precisas para a colaboración poden ser negociables e polo tanto, inferiores.
Castilla y León, Euskadi, Cantabria e Asturias foron stands visitados polas persoas representantes da asociación en Fitur para obter información de axencias emisoras coas que poder establecer contacto; e do mesmo xeito, Galicia, por medio do Clúster de Turismo, mais neste caso para coñecer axencias receptoras. Polas proximidade destes lugares con Barreiros estímanse como posibles orixes de turistas que desexen realizar pequenas estadías de 2 ou 3
días, o que contribuiría a limar a tan complicada estacionalización do turismo da zona.
A asociación de Hostelería de Barreiros prevé manter nos vindeiros días unha xuntanza para a posta en común desta visita, valorar colaboracións e plantexar novas accións en eventos de semellantes caracter

O GOBERNO DE BARREIROS ACUMULA FACTURAS SEN PAGAR DO ANO PASADO POR CASE 600.000€

O GOBERNO DE BARREIROS ACUMULA FACTURAS SEN PAGAR DO ANO PASADO POR CASE 600.000€

Esta cantidade incrementouse con respecto ao 2017 en 100.000€.

Barreiros, 24 de xaneiro de 2019. No pleno do vindeiro luns, o Partido Popular leva un recoñecemento extraxudicial de crédito de facturas pendentes do ano 2018 por falta de crédito no orzamento dese ano, por un importe de 566.041,69€.

“A esta cantidade, debemos sumarlle 28.000€ que contempla o orzamento do 2019 para investimento en alumeado que o propio alcalde recoñece na memoria presentada que son para gastos do 2018”, explican desde o BNG.

A portavoz municipal do BNG, Ana Ermida, lamenta que “esta estea sendo a práctica habitual do goberno do PP, especialmente nos últimos anos, o que está creando un verdadeiro burato negro económico que fai perigar a propia sustentabilidade do Concello.”

En xaneiro do ano pasado, xunto coa aprobación do orzamento para o 2018, o goberno municipal recoñecía 467.955,14€ sen pagar do 2017 para cargar contra o orzamento do 2018. “Este ano, o importe de facturas sen pagar increméntase en practicamente 100.000€”, explica Ana Ermida, “o que supón que en só un ano a cantidade sen pagar sube case un 25%”.

Desde o BNG sinalan que “é algo que era evidente que ía pasar e xa o advertimos o ano pasado, cando vimos o descontrol existente e como estaban quedando facturas sen pagar desde mediados de ano.” A portavoz municipal explica que “isto é unha auténtica bola de neve que levará todo por diante de non poñerlle freo, porque se para pagar esas facturas pendentes restamos crédito do orzamentado para o ano 2019, sen que esa necesidade se contemple nos mesmos, supón que se empeza o ano con moitos menos cartos dos necesarios para facer fronte aos gastos do ano en curso. Polo tanto, volveremos a atoparnos a mediados de ano sen crédito para pagar facturas que se volverán a incrementar cada ano máis, restando cada vez máis fondos e provocando que cada ano o crédito para as facturas se acabe antes.”

Desde o BNG lamentan que o PP siga empeñado en arruinar Barreiros e aseguran que “dá a sensación de que o que pretenden é deixar o Concello nun estado lamentable para impedir que quen veña detrás poida reverter a situación.”