Nenos e nenas do CEIP de San Miguel e do CEIP de San Cosme visitaron esta semana a Aula CeMIT de Barreiros para falar con Papá Noel

Nenos e nenas do CEIP de San Miguel e do CEIP de San Cosme visitaron esta semana a Aula CeMIT de Barreiros para falar con Papá Noel a través de vídeoconferencia. Trátase dunha cita xa tradicional por estas datas entre os máis pequenos e pequenas do concello, que lle contaron a Papá Noel o ben que se portan, todo o que axudan nas tarefas da casa e tamén os agasallos que lles gustaría recibir dentro duns días. Comezou así a conta atrás para unha das xornadas máis ilusionantes do ano.

O PRÓXIMO SÁBADO 22 DE DECEMBRO “FESTA DE #NADAL”

O CONCELLO ORGANIZA UNHA FESTA DE NADAL PARA OS MÁIS PEQUENOS E PEQUENAS. SERÁ O 22 DE DECEMBRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE SAN COSME, ONDE ESTARÁ PAPÁ NOEL.

Barreiros, 13 de decembro de 2018. O Concello organiza unha Festa de Nadal que se celebrará o 22 de decembro. Os destinatarios son os máis pequenos e as máis pequenas da casa. O evento terá lugar no pavillón municipal de San Cosme de 16:00 a 19:00 horas.

Haberá inchables, obradoiros e animación musical. Os nenos e nenas que participen nesta festa recibirán a visita de Papá Noel. E rematarán a xornada disfrutando dun chocolate con churros.

O Concello de Barreiros convida a tod@s, especialmente aos máis pequenos da casa, a participar nesta Festa de Nadal do 22 de decembro.

A  UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) DESPLÁZASE AO CENTRO DE SAÚDE DE MONDOÑEDO O VINDEIRO MARTES  18 DE DECEMBRO

A  UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) DESPLÁZASE AO CENTRO DE SAÚDE DE MONDOÑEDO O VINDEIRO MARTES  18 DE DECEMBRO

Abordarán o problema existente co servizo de pediatría, compartido con Lourenzá e Barreiros a maiores das reclamacións que xurdan.

A Mariña 13 de Decembro de 2018. A UMAR ( Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións) desplazarase o vindeiro martes 18 de decembro até o centro de saúde de Mondoñedo en horario de 11 a 13 horas. A mesa informativa abordará o problema de Pediatría, servizo que comparte profesional cos concellos de Lourenzá e Barreiros, a maiores de calquera outra dúbida ou reclamación que poidera xurdir.

Lembramos que este problema ven de lonxe, xa que ao feito de que resulta de todo insuficiente  o tempo adicado a cada un destes Concellos, queixa que refiren a práctica totalidade de nais e pais das zonas afectadas, súmase a falta de cobertura cando a titular solicita algún permiso ou cando está de baixa, ocasionando demoras  inadmisibles  nas consultas, necesidade de trasladarse a outras localidades ou ao hospital, colapsando os servizos de urxencias .

 

A Plataforma Sanitaria ve neglixencia no traslado conxunto das dúas novas plantas de hospitalización.

A Plataforma Sanitaria volve incidir na nefasta xestión que se está a facer desde a xerencia executiva , nesta ocasión con motivo do traslado simultáneo das dúas novas plantas de hospitalización e peche das antigas, pasando de dispoñer de 30 camas en cada  planta a contar con vintecatro, seis camas menos por planta, o que fan un total de doce camas menos.

O feito de que este traslado se fixera á vez, en lugar de acometelo pouco a pouco semella “neglixente e temerario, xa que estamos nunha época na que a ocupación ven sendo prácticamente do cen por cen, que pode haber picos de incidencia por mor de procesos prevalentes nestas épocas ou reagudizacións de enfermidades crónicas”- lamentan desde a Plataforma Sanitaria.

Tamen inciden no feito de que de momento , unha soa semana despois da inauguración das novas plantas de hospitalización, foron tres os pacientes trasladados a Lugo por mor da falta de camas.” Non queremos nen imaxinar o que pasará cando comece a despuntar o gripe deste ano, ou cando chegue o frío e se descompensen  enfermos crónicos”- manifesta o voceiro do colectivo.

 

O colectivo sanitario amosa a preocupación polo ataque á pancarta pendurada da fachada do Hospital.

Segundo comentan divers@s integrantes da Plataforma Sanitaria existe unha fonda preocupación polo feito de que, por segunda vez ,a pancarta pendurada da fachada do centro sanitario sufrira un ataque intencionado, e desde o colectivo queren manifestar “ que nos unimos á Xunta de Persoal na denuncia pública destes feitos que son inadmisibles dentro dunha sociedade democrática.”- comenta a coordinadora visiblemente preocupada.

 

O CONCELLO ORGANIZA CHARLAS SOBRE O CONSUMO RESPONSABLE  NO NADAL E O ETIQUETADO ALIMENTARIO. SERÁN OS DÍAS 12 E 19 DESTE MES DE DECEMBRO

O CONCELLO ORGANIZA CHARLAS SOBRE O CONSUMO RESPONSABLE  NO NADAL E O ETIQUETADO ALIMENTARIO. SERÁN OS DÍAS 12 E 19 DESTE MES DE DECEMBRO.

Barreiros, 11 de decembro de 2018. O Concello, a través do seu departamento de Servizos Sociais, organiza unhas charlas sobre o consumo responsable e o etiquetado alimentario, que se celebrarán os días 12 e 19 deste mes de decembro.

Estas actividades están incluídas no programa Decembro: mes da educación para un consumo responsable.

Mañá, día12, terá lugar a charla titulada Consumo responsable no Nadal. Será no centro sociocultural de San Cosme en horario de 11:00 a 12:30 horas.

E o 19 de decembro será a charla sobre Etiquetado alimentario, que se desenvolverá tamén no centro sociocultural entre as 11:30 e as 12:30 horas.

A Escola Galega de Consumo colabora co Concello de Barreiros na organización destas xornadas informativas.

A AC BRIGANTIA PRESENTA CLÁSICOS DA MÚSICA (TANGO). SERÁ  ESTE DOMINGO, 16 DE DECEMBRO, NO CENTRO CULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO

A AC BRIGANTIA PRESENTA CLÁSICOS DA MÚSICA (TANGO). SERÁ  ESTE DOMINGO, 16 DE DECEMBRO, NO CENTRO CULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO.

Barreiros, 10 de decembro de 2018. O Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil e da Delegación de Cultura, organiza un concerto da AC Brigantia, que se celebrará o vindeiro domingo, 16 de decembro.

Nesta actuación terá lugar a presentación do novo CD da Asociación Cultural Brigantia que leva por título Clásicos da Música (Tango). Neste traballo Julia Mª Dopico e Daniel Azdamian presentan unha selección de música clásica de tango desde Gardel ata Piazzola, con arranxos propios en versión única para bandurria e guitarra.

O  concerto será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, o domingo ás 18:00 horas. A entrada é gratuíta, ata completar aforo.

Ollomao abre unha convocatoria para que bares de Barreiros acollan unha das representacións do “Teatro nos bares”

Ollomao abre unha convocatoria para que bares de
Barreiros acollan unha das representacións do “Teatro nos
bares”
É a terceira edición dunha actividade exitosa e innovadora na zona: microteatro en bares. Trátase dun
circuito de pequenas representacións teatrais de breve duración, ben monólogos, ben pequenas obras de
teatro de poucos participantes, que terán lugar a carón do mostrador dos bares e cafeterías barreirenses.
Tras dúas edicións nas cales todos os establecementes de hostalería de Barreiros tiveron a oportunidade
de acoller algunha actividade de Ollomao, o colectivo barreirense lanza nesta ocasión unha convocatoria
para que sexan os propios establecementos quen soliciten contar cunha destas representacións. O límite
máximo está en dez locais, e o criterio para a selección é a orde de inscrición. Tras completar o número
máximo xerarase unha lista de agarda por se se dera algunha baixa.
Os requisitos para que un establecemento de hostalería poida participar son que estea ubicado en
calquera das parroquias de Barreiros e que conte cun espazo de bar ou cafetería. Esta actividade é
gratuíta para os establecementos, os que se desexan participan deben comprometerse a apagar a
televisión ou música do local durante a representación e colaborar na difusión da actividade. Tamén se
pide que se reserve un pequeno espazo no local para a actuación, aínda que non se contará con
decorados nin elementos de gran volume.
Todos os bares interesados en inscribirse poden facelo escribindo a
[email protected]; ou por Whatsapp no número 650542932. Calquera dúbida pode
ser tamén consultada por estas canles, antes do 16 de decembro ás 23:59h.
Tras o peche desta convocatoria, Ollomao lanzará unha segunda para que calquera persoa ou grupo
poida presentarse para participar cunha actuación nesta nova edición do “Teatro nos Bares”.