O CFCELTA BARREIROS INVITARÁ A CHOCOLATE CON CHURROS AOS QUE ACUDAN A PRESENCIAR OPARTIDO DE MAÑÁ, SÁBADO, VESTIDOS DE AZUL

O CF CELTA BARREIROS INVITARÁ A CHOCOLATE CON CHURROS AOS QUE ACUDAN A PRESENCIAR O PARTIDO DE MAÑÁ, SÁBADO, VESTIDOS DE AZUL.

Barreiros, 30 de novembro de 2018. O Concello de Barreiros anima a veciños e simpatizantes do CF Celta Barreiros, a acudir a presenciar o partido que disputará mañá, sábado, fronte ao CD Alfoz.

O club barreirense invitará a chocolate con churros a todos os afeccionados que se presenten vestidos de azul para ver o encontro que xogará no campo Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros, ás 16:00 horas.

O GOBERNO DE BARREIROS QUITA6.000 EUROS DOS CAMIÑOS PARA DESTINAR A PUBLICIDADE E PROPAGANDA

O GOBERNO DE BARREIROS QUITA 6.000 EUROS DOS CAMIÑOS PARA DESTINAR A PUBLICIDADE E PROPAGANDA

Esta cantidade súmase aos 10.000 euros que se contemplaban nos orzamentos inicialmente

Barreiros, 30 de novembro de 2018. Mediante unha resolución da alcaldía do 23 de novembro, o goberno do Partido Popular en Barreiros vén de aprobar sacar 6.000 euros do investimento en camiños para destinalos a publicidade e propaganda.

Para o BNG esta modificación do orzamento demostra que “o goberno de Barreiros está máis preocupado de vender a súa propia imaxe que do estado no que están os camiños que usan as veciñas e veciños”, asegura a portavoz municipal, Ana Ermida.

“É unha verdadeira lástima estar sufrindo un goberno coma este, que só se preocupan de si mesmos e de meter cartos en pagar publirreportaxes para limpar a imaxe nefasta que calquera persoa que vexa como está Barreiros ten”, afirman desde o BNG.

“Con estas actuacións demóstrase cales son as prioridades deste goberno municipal. É absolutamente vergoñento que, coa situación que teñen os camiños municipais nin sequera investiran os miserables 70.000 euros que se orzamentaban inicialmente.” Ana Ermida cualifica de “obsceno” o feito de que se deixen cartos sen gastar nesta partida e decidan gastalos en propaganda e publicidade.

A formación nacionalista lamenta ademais que “todos estes cartos que o goberno destina a propaganda e publicidade -estes 6.000 euros que se suman aos 10.000 que xa se contemplaban nos orzamentos- son absolutamente inútiles no caso de Barreiros; porque a situación que ten este concello como consecuencia da xestión do goberno municipal non se maquilla nin gastando en anuncios millóns de euros.”