FUENTEPARGA SUPERVISOU AS OBRAS DE AGLOMERADO QUE SE REALIZARON ESTES DÍAS NA ESTRADAQUE UNE VILAMAR CON SAN XUSTO

FUENTEPARGA SUPERVISOU AS OBRAS DE AGLOMERADO QUE SE REALIZARON ESTES DÍAS NA ESTRADAQUE UNE VILAMAR CON SAN XUSTO.

No hay texto alternativo automático disponible.

Barreiros, 23 de novembro de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, supervisou hoxe as obras de aglomerado que se realizan na estrada que une Vilamar con San Xusto. Hai dous días que comezaron estes traballos e hoxe poderían quedar rematados. O rexedor estivo acompañado pola concelleira Mar Sante.

O alcalde declarou que “na mañá de hoxe visitaba o aglomerado que fai dous días se iniciaba na estrada que vai dende Vilamar a San Xusto. Acompañado da concelleira Mar Sante, de San Xusto, estivemos vendo as obras que se están a realizar e que quedarán rematadas no día de hoxe”.

Alfonso Fuente lembrou que “levamos demandando a mellora desta vía desde o Concello xa hai moito tempo. Xunto coa actuación que fixo a Xunta de Galicia na estrada Reme-Vilamar e esta, que é unha estrada provincial que levamos demandando ante a Deputación que se fixera o seu aglomerado, as vías principais de acceso e saída da zona interior do concello practicamente quedan rematadas, e agora seguimos traballando en mellorar a rede municipal”.

O rexedor anunciou que “se van facer melloras nas outras vías que van rematando nestas para que sexa o mellor posible o acceso a todos os núcleos do interior do concello”.

ASÍ SECELEBROU HOXE, VENRES, EN BARREIROS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DEXÉNERO

COA CREACIÓN DUN MURAL, COA LECTURA DUN MANIFESTO E CUN MINUTO DE SILENCIO. ASÍ SE CELEBROU HOXE, VENRES, EN BARREIROS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Barreiros, 17 de novembro de 2018. O Concello de Barreiros organizou varios actos con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o 25 de novembro.

As actividades, programadas polo departamento de Servizos Sociais, celebráronse hoxe na praza das vivendas sociais de San Cosme. O programa deu comezo ás 10:30 horas coa creación dun mural contra a violencia de xénero. E ás 12:00 horas deuse lectura a un manifesto e gardouse un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista.

Ademais o vindeiro luns, 26 de novembro, farase entrega dos premios do IV Certame de Debuxo “Di Non á Violencia”. O acto terá lugar no centro sociocultural de San Cosme ás 19:00 horas. Participan o CEIP San Cosme de Barreiros e o CEIP San Miguel de Reinante.