Os alumnos do Ceip San Cosme celebraron este venres o seu tradicional Magosto

Hola. Os paso unas fotos del cole de San Cosme de Barreiros.Gracias, buen fin de semana !

Os alumnos do Ceip San Cosme celebraron este venres o seu tradicional Magosto. Cada uno dos estudantes levou unhas poucas castañas, xa encetadas, que a cociñeira María Luisa asou no patio do centro. Ademais de desfrutar das castañas, os nenos pasaron un bó rato cos xogos tradicionais que organizaron os profesores. As familias tamén estiveron invitadas ó evento outonal.

♀️♂️ Actos con motivo do #25N “DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”

BARREIROS CELEBRARÁ OS ACTOS POLO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO O 23 DESTE MES. OS PARTICIPANTES CREARÁN UN MURAL E CHAPAS E TERÁ LUGAR A LECTURA DUN MANIFESTO. Barreiros, 17 de novembro de 2018. O Concello de Barreiros organiza unha serie de actos con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o día 25 de novembro. As actividades, programadas polo departamento de Servizos Sociais, celebraranse o vindeiro venres 23, de novembro, na praza das vivendas sociais de San Cosme. Se a climatoloxía non o permitise desenrolaríanse no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. O programa dará comezo ás 10:30 horas coa creación dun mural e chapas contra a violencia de xénero. Ás 12:00 horas darase lectura a un manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista. Ademais o luns, 26 de novembro, farase entrega dos premios do IV Certame de Debuxo “Di Non á Violencia”. O acto terá lugar no centro sociocultural de San Cosme ás 19:00 horas. Participan o CEIP San Cosme de Barreiros e o CEIP San Miguel de Reinante.