A PLATAFORMA SANITARIA PARABENIZA Á COMARCA DA MARIÑA POLA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL , RESULTADO DA LONGA E INTENSA LOITA SOCIAL

A PLATAFORMA SANITARIA PARABENIZA Á COMARCA DA MARIÑA POLA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL , RESULTADO DA LONGA E INTENSA LOITA SOCIAL.

Tras unha longa étapa de reivindicacións,  a contestación social mariñá logra materializarse na ampliación do hospital, máis lamentan  que non se acompañe de novos servizos e prestacións.

A Mariña 16 de outubro de 2018. A Plataforma Sanitaria ,diante do despliegue de cargos e medios que onte acompañaron ao Presidente da Xunta na visita da obra de ampliación do Hospital da Mariña, desexa parabenizar ao conxunto de veciñas e veciños da Mariña polo logro que supuxo a longa e intensa loita  e que se materializou nesta ampliación de espazos.

Desde o ano 2009 ate a actualidade a comarca da Mariña  desenvolveu  unha frenética  mobilización social para reclamar a máis que necesaria ampliación do hospital, que  debe ir acompañada de novos servizos e prestacións e non só de metros cadardos. Durante esta longa etapa tivemos que sufrir por parte do PP  múltiples descalificacións  e reiteradas promesas incumpridas que , casualmente  sempre coincidían con períodos electorais, pero que” logo das citas coas urnas quedaban en  fume de carozo”- comenta o portavoz da Plataforma Sanitaria.

A día de hoxe a longa lista de agarda para consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas, xunto co elevado número de derivacións  segue a ser o problema sanitario  que máis preocupa e padece a poboación mariñá, e lonxe de diminuir parece que vai en aumento , malios anuncios nos medios de comunicación de tempos medios de agarda maquillados e sesgados ,  incumplindo sistemáticamente a lei de garantías sanitarias.

Desde o colectivo sanitario confirman que  a loita non rematou porque  non temos constancia de que se vaia dotar ao Hospital dos novos servizos que se precisan, nin dos aparellos para diagnóstico radiolóxico básicos a día de hoxe e que se están a facer con unidades móbiles , nen do incremento máis que necesario de persoal  imprescindible para  unha asistencia sanitaria de calidade. “ Continuaremos sen tregua coa mobilzación social porque os logros non caen do ceo e, ainda que lento este é o único camiño”-sinalan

A implantación da UMAR foi clave para que se perdera o medo a denunciar

A implantación da UMAR, tras a aprobación da reforma da lei de saúde po parte dun PP en solitario e obviando o gran movemento de contestación social que se desenvolveu no país, foi clave para que @s veciñ@s empezaran a perder o medo a reclamar.Desde que se iniciou a actividade da unidade móbil tramitáronse máis de duascentas reclamacións , das cales moitas foron resoltas satisfactoriamente para @s doentes.

A UMAR vense colocando os primeiros martes de cada mes na entrada principal do hospital e o terceiro martes do mes nun centro de saúde diferente . A próxima cita será o vindeiro martes 20 de novembro no Centro de Saúde de Barreiros de 11 a 13 horas. Nesta ocasión , a maiores das reclamacións que xurdan  demandaremos a cobertura estable e continuada de todas as ausencias xustificadas e permisos da pediatra e a substitución tamén de xeito continuado e estable do médico de familia que leva  máis dun ano de baixa.