PACIENTE PENDENTE DE INTERVENCIÓN DENUNCIA SENTIRSE ENGANADO POR PARTE  DO SERVIZO DE ATENCIÓN AO PACIENTE, QUE LLE ESTÁ A DAR LARGAS PARA EVITAR QUE RECLAME

PACIENTE PENDENTE DE INTERVENCIÓN DENUNCIA SENTIRSE ENGANADO POR PARTE  DO SERVIZO DE ATENCIÓN AO PACIENTE, QUE LLE ESTÁ A DAR LARGAS PARA EVITAR QUE RECLAME .

O paciente acudiu ate catro veces ao servizo de atención ao paciente para reclamar e alí déronlle datas para a intervención que resultaron todas falsas.

A Mariña, 26 de outubro de 2018. O paciente padece de dor e incapacidade para a mobilidade na  rodilla esquerda desde decembro do 2017. Acudiu ao seu médico de familia e ao PAC , e fixéronlle probas radiolóxicas pero como os síntomas non ceden volve ao seu médico : nesta ocasión  solicítalle  unha resonancia , feita en marzo de 2018 na sanidade privada.

Pero a súa dor non se alivia e en Xuño do ano actúal sofre rotura do menisco interno da rodilla esquerda. Solicítase cita para traumatoloxía que decide que hai que intervilo. Adxudícanlle unha prioridade dous ( ou preferente) e fanlle o preoperatorio. Como a dor e a impotencia funcional continúan e mesmo se acrecentan o doente acude a atención ao paciente para saber qiue ocurre co seu proceso. Neste servizo  indícanlle unha primeira data aproximada para a operación que non se cumple polo que volve ao devandito servizo a preguntar novamente. “Acudín até catro veces a Atención ao Paciente e de cada vez ´dabanme unha data diferente, ningunha das cales era certa.Estiveron mareando en min tempo e tempo, dándome largas para que me fora para a casa e mantivera a boca pechada sen facer reclamación . Enganáronme “- relata o paciente con evidente disgusto e raiba contida.

Por ista razón e xa desesperado contacta coa Plataforma Sanitaria, que tras escoitar o seu relato redacta a correspondente reclamación oficial e rexístrase  o día 23 de outubro de 2018 con número de entrada 3.742. A maiores o doente manifesta o seu desexo de que “ a miña reclamación sexa publicada na prensa pois quero que todo o mundo coñeza os procedementos da dirección do centro para que non reclames”-  lamenta o  doente.

Para  a Plataforma Sanitaria  estas estratexias espúreas da dirección do centro para calar á xente e que non denuncie, dándolle largas e xogando coa  súa dor e sufrimento  superan xa todos os  límites  tolerables e demostran que “ lles vale calquera cousa por alonxada que esté da ética e a decencia con tal de agochar a lama na que están inmersos co tema sanitario, que é moita,  e salpica á totalidade dos cargos da sanidade e do goberno”- declara o portavoz da Plataforma Sanitaria.

 

Segundo nos comenta a coordinadora do colectivo sanitario estase a incumplir a  lei de garantías sanitarias xa que nestes momentos superanse con creces os sesenta días que marca a devandita lei para realizar as intervencións cirúrxicas, e “ estase a incumplir de xeito premeditado para poder derivar aos hospitais privados que teñen de man e que tantas cadeiras e portas xiratorias lles proporciona”.

 

A Plataforma Sanitaria celebra  formar parte do discurso de Feijoo no Parlamento.

Desde o colectivo sanitario amosaban  a súa satisfacción por formar parte do discurso do Presidente da Xunta cando declaraba que “ determinadas plataformas que formalizan queixas e denuncias no ámbito sanitario estan cheas de altos cargos do bipartito”. O colectivo asegura que  van no bon camiño e que seguirán a loitar, pois estas declaracións de Feijoo amosan “o grado de erosión que esta a sufrir o goberno nesta crise sanitaria de enorme magnitude”- conclúen