O alcalde de Barrreiros, Alfonso Fuente, ofreceu hoxe unha recepción aos dous nenos saharauis que pasaron o verán con dúas familias da localidade. Os rapaces, que nesta xornada emprenden viaxe rumbo ao seu país, foron obsequiados con material escolar por parte do Concello.