ATA O SÁBADO, 25 DE AGOSTO, CELÉBRANSE EN BARREIROS AS FESTAS NA HONRA DE SAN BARTOLO

ATA O SÁBADO, 25 DE AGOSTO, CELÉBRANSE EN BARREIROS AS FESTAS NA HONRA DE SAN BARTOLO, QUE ESTE ANO POR PRIMEIRA VEZ SE TRASLADAN O SÁBADO Á PRAZA DO CONCELLO, ONDE HABERÁ UNHA CEA POPULAR SEGUIDA DE VERBENA.

Barreiros, 23 de agosto de 2018. O Concello colabora coa organización das festas de San Bartolo, que se celebran do 22 ao 24 de agosto en San Cosme de Barreiros e nas que por primeira o programa dos festexos ten unha duración de catro días. As tres primeiras xornadas festivas celébranse na zona da praia de Altar e o sábado as actividades terán lugar na praza do Concello. Ese día, o 25 de agosto, será a gran cea popular diante do Concello na que os organizadores esperan reunir unhas 400 persoas. Os tíckets poden adquirirse ao prezo de 18  euros. As festas de San Bartolo daban comezo onte cunha sardiñada e verbena, e seguirán hoxe con sesión vermú e verbena. Mañá, festivo local, haberá misa, procesión e tamén verbena.

O presidente da comisión organizadora dos festexos, Jesús Palmeiro, explicou que “este mediodía actúa el Arco da Vella, luego hay la sesión vermú y por la noche hay dos orquestas. Mañana hay otras dos orquestas, además de dos misas, una a las doce y otra a la una, y luego hay una procesión en la que se tira un ramo de flores al mar, como siempre”.

Palmeiro subliñou que “lo importante es que este año hay un día más de fiestas, el sábado, y habrá una cena popular. Es la primera vez que se hacen cuatro días, tres abajo en la zona de la playa y una arriba. Nunca se hicieron tantos días, siempre se hacían los tres días 22, 23 y 24. Pero este año hacemos los días 22, 23 y 24 abajo, y el día 25 arriba”.

E engadiu que “en la cena popular del sábado, que será en la praza do Concello a las nueve y media de la noche, pensamos que puede haber unas 400 personas. La gente está animada y me están llamando muchas personas interesándose por este evento. El precio de la comida es 18 euros y el menú será empanada, jamón asado, churrasco, chorizo, tarta de Santiago y café. Además más tarde haremos una queimada”. Palmeiro lembrou que “ayer empezamos las fiestas celebrando la sardiñada popular en la que participaron sobre 500 personas y tuvimos también verbena”.

O programa de mañá, 24 de agosto, inclúe ás 13:00 horas a celebración da misa solemne e procesión, e ás 14:00 horas a sesión vermú a cargo de orquestra Versalles. A verbena estará amenizada tamén pola Orquesta Versalles e o grupo Ciclón. As festas de San Bartolo, en San Cosme de Barreiros, rematarán o sábado, 25 de agosto, cunha gran cea popular diante do Concello, seguida de verbena co grupo La Bamba.

Estas festas están organizadas polo Celta Barreiros, co que colabora o Concello barreirense. Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Alfonso Fuente Parga, e o concelleiro José Manuel Gómez Puente.

 O BNG CONSTATA O MALESTAR TAMÉN DOS RESIDENTES TURÍSTICOS EN BARREIROS

 O BNG CONSTATA O MALESTAR TAMÉN DOS RESIDENTES TURÍSTICOS EN BARREIROS

A formación nacionalista presentará un escrito coas principais demandas relativas á zona turística e aos servizos municipais promovido polos residentes costeiros do municipio, que poderán recoller copias para asinar o xoves ás 13 horas na pista do San Bartolo.

 

Barreiros, 23 de agosto de 2018. O BNG celebrou na noitiña do martes unha asemblea na pista do San Bartolo con unha importante afluencia, principalmente, de persoas que teñen a súa segunda residencia en Barreiros; aínda que tamén asistiron residentes habituais na zona costeira.

Na asemblea constatouse que “existe un malestar xeralizado pola situación que está a producirse en Barreiros, con unha constante degradación e unha falta de atención e de investimentos que non garanten servizos mínimos nin unha calidade de vida acorde cos impostos que se pagan”, explicou a portavoz municipal, Ana Ermida.

Segundo explican desde o BNG “o que se pode observar é que neste momento nin sequera existe no goberno municipal esa preocupación que houbo nalgún tempo de ser referente turístico. E a realidade é que xa nin a zona de praia está ben atendida. O que está pasando coa situación dos paseos marítimos, das praias ou coa perda das Bandeiras Azuis é unha mostra de que se deixou de traballar ata nese fomento turístico no que ata hai uns anos se apostaba todo.”

O BNG tamén dá voz aos visitantes de Barreiros.

Unha das conclusións que se acadaron na reunión foi a elaboración dun escrito no que se plasmen as principais queixas e demandas da veciñanza para presentalo, en colaboración co BNG, no Concello de Barreiros e forza explicacións e unha contestación ao respecto por parte do goberno municipal. Neste sentido, hoxe mesmo, xoves 23 ás 13 horas, no campo da festa do San Bartolo, poderán recollerse copias do escrito para que sexa asinado por aquelas persoas que o desexen e rexistralo formalmente na vindeira semana.

O BNG explica que “como exercicio da representación veciñal que ostentamos na corporación, entendemos que forma parte da mesma dar sustento ás reclamacións, queixas e propostas que poidan realizar as persoas que viven en Barreiros e mesmo, tendo en conta a composición social deste concello, as daquelas que se teñen convertido en “moradoras temporais ou secundarias“, contribuíndo en certo xeito ás arcas públicas municipais.”

Desde o BNG concordan en “que ao longo destes anos estase a comprobar unha continua degradación na calidade de vida das persoas que moran en Barreiros, permanente ou temporalmente, que é socialmente recoñecida e que se nos ten trasladado, especialmente nos últimos meses, en numerosas ocasións. Tras ter organizado asembleas en todas as parroquias e en lugares de poboación con entidade suficiente, puidemos constatar o malestar xeral pola falta de atención, de investimentos e a carencia nos servizos que se prestan desde o concello.”

Por iso, explica Ana Ermida, “como grupo municipal subscribimos e trasladamos o noso apoio ás reivindicacións e demandas realizadas pola veciñanza no que respecta á falta de atención, investimentos, iniciativas e as carencias nas prestacións dos servizos municipais; polo que queremos actuar como canle para a presentación e o seu oportuno tratamento, do escrito que asinen as veciñas e veciños de Barreiros.”