O GRUPO GALEGO BARAHUNDA ACTÚA ESTE DOMINGO, 29 DE XULLO, NO EIDO DOURADO EN BARREIROS

O GRUPO GALEGO BARAHUNDA ACTÚA ESTE DOMINGO, 29 DE XULLO, NO EIDO DOURADO EN BARREIROS.

Barreiros, 27 de xullo de 2018. O Eido Dourado en Barreiros continúa este domingo, día 29, co seu ciclo Sons no Solpor. Barahunda é o grupo que actúa esa noite.

O artista barreirense Celso Dourado contou que “este domingo, esperemos que o tempo nos acompañe como o pasado que foi unha noite marabillosa, traemos a Barahunda. É unha formación composta esencialmente por Helena de Alfonso, José Lara Gruñeiro e Txema Mawenya”.

Dourado explicou que “este grupo colabora habitualmente con outros varios músicos, e é unha formación que evoluciona sempre en torno á voz da súa líder, unha voz preciosa e magnífica que é a cantante e investigadora Helena de Alfonso. O compositor José Lara é quen lle dá forma ás diferentes composicións e é unha voz realmente que apaixona, actuou fai uns anos no Eido Dourado, estaban de paso dunha xira que estaban a facer, e quedou un grandísimo sabor de boca. Este domingo preséntanos o seu novo disco, veñen de facer unha xira por Cantabria e por Asturias e van recalar o domingo no Eido Dourado”.

O artista Celso Dourado engadiu que “é unha formación que se desenrolou esencialmente en Madrid, e actuaron practicamente en todos os locais da capital do estado español. Por circunstancias decidiron volver a Galicia, establecéronse en Rianxo, e seguen coa súa formación e compoñendo música”.

Dourado convida “a todos, porque se a noite nos acompaña non hai dúbidas de que vai ser un magnífico concerto. Será sobre ás dez e cuarto, abriremos as portas ás dez, e a entrada é libre”.