ESTE VENRES NO CÁMPING GAIVOTA, EN BARREIROS, TERÁ LUGAR A ACTUACIÓN DE TIS CHE TEIN

ESTE VENRES NO CÁMPING GAIVOTA, EN BARREIROS, TERÁ LUGAR A ACTUACIÓN DE TIS CHE TEIN.

Barreiros, 18 de xullo de 2018. Este venres, 20 de xullo, no Cámping Gaivota, en Barreiros, darán comezo as Queimadas Proletarias mesturadas con Músicas de Raíz. Será coa actuación de Tis Che Tein a partires das once da noite.

O artista barreirense Celso Dourado explicou que “como é tradicional no Cámping Gaivota iniciamos as queimadas todos os venres durante os meses de xullo e agosto. Nesta ocasión vainos visitar unha vez máis Tis Che Tein. É un grupo que xa estivera o ano pasado, pero por mor da choiva tivemos que suspender a súa actuación e quedou pendente para este 2018”.

Dourado dixo que “é un grupo que eles mesmos se definen como de folk tabernario, se forma entorno ás terrazas de Santiago de Compostela, traballan unha música que bebe do folk irlandés esencialmente e os seus membros, ademais desta formación que teñen que é moi dinámica, xa que se moven moito e viaxan, forman parte doutros grupos como poden ser Fía na Roca ou Os d´Abaixo, un grupo referente no panorama folk galego. É unha xente moi nova, pero cunha formación moi sólida no eido da música folk”.

Celso Dourado engadiu que “a hora deste concerto vai ser entorno ás once da noite, compaxinando os efluvios da queimada, como sempre, coa música deste grupo. É ao aire libre e sempre hai unha gran acollida, cando a noite nos axuda é un espectáculo realmente fermoso”.

O ACTO DE PRESENTACIÓN DA VI CARREIRA POPULAR BENQUERENCIA TERRA MAR

Boas adxunto información referida  a presentación da VI Carreira Benquerencia Terra Mar, que tivo lugar onte 17-07-18, as 16:00 H., no paseo maritimo da Praia de Fontela, tal e como no seo día se vos informou, por si algún de vos queriades asistir a dito acto de presentación.

NOTA:
O ACTO DE PRESENTACIÓN DA VI CARREIRA POPULAR BENQUERENCIA TERRA MAR, TIVO LUGAR NO PASEO MARÍTIMO DA PRAIA DE FONTELA, EN BENQUERENCIA, ONTE 17-07-18 AS 16:00, E NO QUE PARTICIPARON REPRESENTANTES DE DISTINTAS ASOCIACIÓNS COLABORADORAS DO EVENTO, ENTRE ELAS: (ig10 – club praias de Barreiros – Asociación VEA -), ASI COMO O EXCMO SR. ALCALDE DO CONCELLO DE BARREIROS SR. ALFONSO FUENTE, O XEFE TERRITORIAL DE DEPORTES DA XUNTA DE GALICIA, E O PRESIDENTE DA ASOCIACON ORGANIZADORA CENTRO DE INSTRUCCION Y RECREO DE BENQUERENCIA SR. JOSE OTERO (CADRAMON).
ESTE ANO A PROBA TERÁ LUGAR O VINDEIRO 05-08-18 A PARTIR DAS 16:30H. SAINDO DENDE OS ARREDORES PA PRAIA DE FONTELA. ESTANDO O PRAZO ABERTO PARA A INSCRIPCCION DE TODAS-LAS CATEGORÍAS ATA O 02-08-18
Saudos. Cadramón.

O GOBERNO DE BARREIROS QUITA MÁIS DE 62.500 EUROS DO INVESTIMENTO EN ABASTECEMENTO DE AUGA PARA DEDICALOS A ARRANXAR O TEITO DO CONCELLO

O GOBERNO DE BARREIROS QUITA MÁIS DE 62.500 EUROS DO INVESTIMENTO EN ABASTECEMENTO DE AUGA PARA DEDICALOS A ARRANXAR O TEITO DO CONCELLOrzamentos non contemplaban ese investimento e supón reducir diñeiro da rede de abastecemento de auga.

Para poder solicitar a subvención do Ministerio tiveron que modificar os orzamentos para xerar crédito, xa que inicialmente non se prevía.

Barreiros, 18 de xullo de 2018. O goberno do Partido Popular en Barreiros vén de reducir o investimento no abastecemento de auga en máis de 62.500 euros para este ano 2018, xa que, tras o requirimento do Ministerio para poder optar a unha axuda para cambiar a cuberta do Concello; tiveron que modificar os orzamentos para contemplar ese gasto, xa que inicialmente non se prevía.

Para o Bloque Nacionalista Galego esta situación “é a mostra palpable de como se actúa neste Concello, con unha improvisación absoluta e sen ter en conta as necesidades reais á hora de prever os gastos a realizar.”

Segundo explica a portavoz municipal, Ana Ermida, o 3 de xullo o alcalde asinou un cambio de cartos da partida de abastecemento de auga para a cuberta da casa do concello. “Non negamos que sexa necesario reparar o tellado, aínda que é curioso que hai pouco tempo se fixese unha reforma practicamente integral do edificio e deixasen o teito sen amañar. Pero o que non nos parece normal é que se saquen cartos da rede de abastecemento de auga, tan necesitada de investimentos, para esta cuestión. Co que destinan a avogado, publicidade e propaganda e protocolo poderían cubrir ese custo de sobra”, asegura.

O BNG afirma tamén que “tendo en conta que o proxecto está feito do 2017 e que desde o goberno se considera necesario, o lóxico é que se reflectira nos orzamentos para o 2018; pero tendo en conta a falta de realidade dos números que poñen, nin sequera contemplaban ese investimento e agora teñen que xerar crédito para poder solicitar esa subvención ao Ministerio.”

“Esta situación non é máis que outro exemplo palpable do despropósito dun goberno que actúa sen planificación e improvisando continuamente en función do que se presente cada día. Esta situación estanos instalando nun caos total que segue afundindo ao Concello na peor das situacións posibles”, conclúen.