DO 14 DE XULLO AO 8 DE SETEMBRO O BUS CULTURAL DE BARREIROS REALIZARÁ DIVERSAS RUTAS POLO CONCELLO, SOBRE TODO POLO INTERIOR, QUE É O GRAN DESCOÑECIDO

DO 14 DE XULLO AO 8 DE SETEMBRO O BUS CULTURAL DE BARREIROS REALIZARÁ DIVERSAS RUTAS POLO CONCELLO, SOBRE TODO POLO INTERIOR, QUE É O GRAN DESCOÑECIDO. A INICIATIVA, QUE CHEGA AO SEU TERCEIRO VERÁN, FOI PRESENTADA HOXE.

Barreiros, 12 de xullo de 2018. O bus cultural de Barreiros comezará as súas rutas este sábado, 14 de xullo. Estas viaxes, organizadas pola asociación Mar e Monte coa colaboración do Concello desenvolveranse todos os sábados ata o 8 de setembro. O bus cultural sairá ás once da mañá das inmediacións do centro de saúde e durante dúas horas fará un percorrido por diferentes lugares de interese, sobre todo do interior, aínda que nalgunha ocasión tamén incluirá visitas ás praias de Barreiros. O prezo para os adultos é de 2 euros e os nenos e nenas viaxan gratis. Estas rutas prevén tamén unha parada gastronómica.

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, dixo que “o concello de Barreiros non é só praias, senón que tamén ten un interior que dá gusto coñecelo e visitalo. O Concello colabora coa asociación Barreiros Mar e Monte, que organiza estas viaxes culturais polo interior do concello en autobús. Creo que é unha iniciativa que xa levamos varios anos con ela e dá bo resultado. Polo tanto queremos seguir potenciando eses lugares ás veces descoñecidos de Barreiros, porque falar de Barreiros é falar de praias, pero tamén hai que ter en conta que hai estes lugares a visitar da zona do interior”.

Pola súa banda, Belén Antolín da asociación Mar e Monte contou que “el bus cultural de Barreiros arranca este sábado, 14 de julio. Aprovechando la marea baja vamos a ir a la playa para conocer las formaciones rocosas que mucha gente, aunque viene desde hace tiempo aquí a Barreiros, no conoce y gustan un montón a niños y mayores. En las paradas siempre hacemos una visita cultural, de playa, de ganadería, y luego una parada gastronómica, que también gusta un montón. Paramos en algún sitio y nos preparan unos pinchitos”.

Belén Antolín dixo que “todos los sábados salimos a las once desde el centro de salud de San Cosme de Barreiros. Vamos a estar todo julio, agosto y hasta el 8 de septiembre. Vamos a ver ganaderías, el interior que es lo más desconocido para los turistas, el camino norte, etc… Hay iglesias y hórreos, que nos gusta también dar a conocer, un poco ese es el objetivo del bus cultural, conocer el concello de una manera más profunda”.

E engadiu que “para asistir hay que llamar al número de teléfono 622 75 80 79, o presentarse los sábados, a las once, en el centro de salud de San Cosme de Barreiros. No obstante del 15 de julio al 15 de agosto es mejor reservar porque las reservas tienen prioridad. El precio es más bien simbólico, 2 euros por persona, y los niños no pagan. Son unas dos horas y acabamos sobre la una. Es el tercer año que hacemos estas rutas y la experiencia es positiva. Animo a todos a participar”.

Os percorridos do bus cultural foron presentados esta mañá a carón do Concello.

O EIDO DOURADO, EN BARREIROS, COMEZA ESTE DOMINGO, 15 DE XULLO, O CICLO DE CONCERTOS SONS NO SOLPOR COA ACTUACIÓN DE AGÜEIRA PROJECT

O EIDO DOURADO, EN BARREIROS, COMEZA ESTE DOMINGO, 15 DE XULLO, O CICLO DE CONCERTOS SONS NO SOLPOR COA ACTUACIÓN DE AGÜEIRA PROJECT.

Barreiros, 12 de xullo de 2018. O espazo artístico Eido Dourado, situado a carón da praia da Pasada, en Barreiros, comeza este domingo, 15 de xullo, o seu ciclo de concertos Sons no solpor, coa actuación de Agüeira Project. Será a partir das 22:30 horas. Tamén volverán nuns días as queimadas proletarias mesturadas con música de raíz no Cámping Gaivota.

O artista barreirense Celso Dourado anunciou que “as actividades van empezar este domingo próximo, día 15, cun concerto. Vai haber un concerto como sempre, a partir das dez e media, coa caída do sol, que abrirá o ciclo musical Sons no solpor do Eido Dourado. Imos escoitar un proxecto novo chamado Agüeira Project. Podemos dicir que despois dunha exitosa carreira musical, o guitarrista alemán Reinhold aséntase definitivamente, creo que no 2005, en Santalla de Oscos á beira do río Agüeira. Establece un hotel rural, La Casona Cantiga del Agüeira, retoma e compaxina a súa actividade profesional como profesor de guitarra na Escola Municipal de Música de Vegadeo, onde coincide cun grupo de compañeiros docentes. Poderíamos dicir que destas xuntanzas xurde Agüeira”.

Dourado comentou que “é unha agrupación composta por máis ou menos seis músicos que fan unha fusión de diversas músicas entre elas a bossa nova e o jazz. É un proxecto de recente creación para min marabilloso, que case se vai estrear aquí no Eido Dourado”.

E engadiu que “este ciclo de concertos se vai prolongar ata case finais de agosto. Iniciase co proxecto de Agüeira Projet e rematan coa Banda da Loba alá polo 19 de agosto. Cando facemos a programación do Eido Dourado sempre vai acompañada coas actuacións que celebramos no Cámping Gaivota  os venres. Hai que lembrar que neste ano o Eido Dourado cumpre dez anos e o Cámping Gaivota cumpre trinta. Estamos na celebración do trinta aniversario, e a partir do venres seguinte iniciaremos practicamente todos os venres, ata finais de agosto, outro ciclo de músicas que poderemos visitar, ver e escoitar nas terrazas do Cámping Gaivota”.