O CONCELLO DE BARREIROS, A TRAVÉS DA DELEGACIÓN MEDIO AMBIENTE, ORGANIZA A ROMERÍA DE SANTO ESTEVO DO ERMO QUE TERÁ LUGAR ESTE SÁBADO, 7 DE XULLO

O CONCELLO DE BARREIROS, A TRAVÉS DA DELEGACIÓN MEDIO AMBIENTE, ORGANIZA A ROMERÍA DE SANTO ESTEVO DO ERMO QUE TERÁ LUGAR ESTE SÁBADO, 7 DE XULLO.

Barreiros, 3 de xullo de 2018. A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Barreiros organiza a Romería de Santo Estevo do Ermo, que se celebrará o vindeiro sábado, 7 de xullo.

O programa de actos dará comezo ás 10:00 horas cunha ruta a pé que sairá dende o Concello. Ás 12:30 horas será a misa e despois a procesión, ás 13:30 horas haberá unha degustación de empanada de sardiñas e ás 14:00 horas terá lugar a sesión vermú co Dúo Epok.

Pola tarde, a partir das 16:00 horas haberá xogos infantís con agasallos para os gañadores, un torneo de tute e o concurso de fotografía Santo Estevo 2018. Ás 19:00 horas terá lugar a entrega de premios.

A xornada rematará cunha actuación musical do Dúo Epok que comezará ás 20 horas.

A asociación Mar e Monte colabora coa Delegación de Medio Ambiente do Concello de Barreiros na organización deste evento.