O BNG DIRÍXESE Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA SOLICITAR MELLORAS PARA BARREIROS ANTE A INCAPACIDADE E O PASOTISMO DO GOBERNO MUNICIPAL

O BNG DIRÍXESE Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA SOLICITAR MELLORAS PARA BARREIROS ANTE A INCAPACIDADE E O PASOTISMO DO GOBERNO MUNICIPAL

Despois das declaracións do Alcalde barreirense, Alfonso Fuente, demóstrase a incapacidade ou a falta de interese do goberno municipal por facer a mínima xestión en beneficio das veciñas e veciños.

Por esta razón, o BNG decidiu dirixirse á Deputación Provincial para trasladarlle as necesidades de municipio e solicitar o inicio dos traballos e melloras para Barreiros.

Barreiros, 29 de xuño de 2018. O grupo municipal do BNG en Barreiros vén de dirixir na mañá de hoxe un escrito ao servizo provincial de vías e obras para solicitarlle o inicio, na maior brevidade posible, dos traballos de desbroce das vías de titularidade provincial. Segundo fan constar no escrito, presentado no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo hoxe mesmo, “vendo que o goberno municipal de Barreiros – e o seu Alcalde, Alfonso Fuente- carecen da capacidade ou do interese en realizar o seu traballo de goberno municipal e dirixirse a outras Administracións para solicitar traballos ou melloras que redunden en beneficio xeral e de manter as mínimas normas de cortesía e cooperación interadministrativa; envíando mensaxes vía notas de prensa e solicitando que o BNG solicite a realización deses traballos; entendemos que debemos asumir a representación veciñal que o goberno municipal non fai, en aras de non prexudicar ás veciñas e veciños de Barreiros.”

Así, desde a formación nacionalista explícanlle ao organismo provincial que “as estradas de titularidade provincial que existen no concello de Barreiros se atopan a estas alturas sen comezar as labores de desbroce, sendo de suma importancia a realización das mesmas, xa que na súa maioría afectan á zona de acceso ás praias, sendo notorio a gran cantidade de persoas e vehículos que circulan por elas en tempada estival e podendo supoñer un perigo importante.”

“Isto só é unha nova mostra da incapacidade absoluta dun goberno municipal que non se preocupa en absoluto de atender as necesidades do Concello e que, por riba, pretende descargar esas responsabilidades noutros. Desde o BNG recordámoslle ao señor Fuente Parga que o Alcalde de Barrreiros é el. E que é el e o seu equipo quen teñen que facer xestións para mellorar Barreiros. Pero se vé que non é capaz ou non ten ganas, que o diga abertamente e deixe de seguir perxudicando a Barreiros coa súa incompetencia”, afirma Ana Ermida.

Melloras ou diñeiro para arranxar o tramo de vía transferido.

No mesmo escrito presentado hoxe, a formación nacionalista aproveitou para trasladar directamente outra petición ao goberno provincial, “tendo en conta que o goberno municipal de Barreiros tampouco o fixo”, aseguran.

“En canto soubemos que o Concello de Barreiros solicitaba a transferencia dun vial provincial, propuxemos no pleno que se negociasen melloras ou que esa transferencia viñese acompañada de diñeiro, xa que do contrario, estaríase asumindo como Concello unhas obrigas que non corresponderían”, explica Ana Ermida. “Naquel pleno todo o mundo parecía estar de acordo, pero a nosa sorpresa chegou cando se nos confirma desde a Deputación que esa petición nunca se realizou por parte do goberno de Barreiros.”

Por iso, o BNG tamén se dirixe á Deputación Provincial para “que se estude a posibilidade de dotar ao Concello de Barreiros dunha dotación económica que lle permita adecentar e arranxar o tramo cedido da LU-P 0608, de cara a evitar que o Concello de Barreiros siga acumulando viais en estado deteriorado.”La imagen puede contener: texto

La imagen puede contener: texto

O CONCELLO ESTREA CARTEIS NAS PRAIAS ADVERTINDO DOS PERIGOS DOS CANTÍS, CON RECOMENDACIÓNS PARA PROTEXERSE DO SOL E INFORMANDO SOBRE A PRESENZA DE ALGAS

O CONCELLO ESTREA CARTEIS NAS PRAIAS ADVERTINDO DOS PERIGOS DOS CANTÍS, CON RECOMENDACIÓNS PARA PROTEXERSE DO SOL E INFORMANDO SOBRE A PRESENZA DE ALGAS.La imagen puede contener: textoNo hay texto alternativo automático disponible.La imagen puede contener: exterior La imagen puede contener: exterior

Barreiros, 29 de xuño de 2018. O Concello coloca e estrea estes días nas praias do municipio unha serie de carteis advertindo de posibles desprendementos nos cantís, outros con recomendacións para protexerse do sol e informando da presenza de algas, “que non son lixo e son necesarias para manter o ciclo vital dos areais”, segundo subliñou o alcalde.

Alfonso Fuente manifestou que “no Concello de Barreiros o que estamos facendo estes días é colocar unha serie de carteis na zona das praias cunhas advertencias, que a veces son cousas que deberíamos ter todos presentes e coñecelas para recordalas”.

O rexedor declarou que “se trata de evitar o que pasou na praia das Catedrais, que non sabemos se vai pasar ou non porque pode pasar en calquera dos nosos cantís. O que facemos é colocar unha serie de carteis advertindo de que non se tome o sol preto dos acantilados, que ninguén se arrime pola parte de arriba aos acantilados xa que pode haber desprendemento de terras e pode caer alguén. Están os paseos e hai xa protección nos paseos, pero tamén se advirte desas zonas perigosas, igual que onde o mar traballou neste inverno movendo algunha escollera como pode ser na zona de Altar, tamén se poñen advertencias para que os usuarios da praia non suban por esas pedras porque pode haber accidentes”.

Fuente Parga explicou que “tamén se puxo cartelería advertindo dos perigos do sol e da protección que hai que tomar na exposición, e infórmase sobre as algas. Moitas veces nos din que parece que a praia está chea de lixo cando está chea de algas. Evidentemente da praia o que se debe retirar son os cristais, plásticos e restos de madeiras, pero as algas non son lixo senón que son alimento de moitas especies que viven na praia e no mar, e son necesarias para manter ese ciclo vital. É unha recomendación importante para que todo o mundo o teña presente”.