A AULA CEMIT DE BARREIROS RETRANSMITIRÁ CHARLAS SOBRE O COMERCIO ELECTRÓNICO NO MES DE XUÑO

A AULA CEMIT DE BARREIROS RETRANSMITIRÁ CHARLAS SOBRE O COMERCIO ELECTRÓNICO NO MES DE XUÑO.

Barreiros, 1 de xuño de 2018. A Aula CeMIT do Concello de Barreiros retransmitirá catro xornadas sobre o comercio electrónico durante este mes de xuño.

Están organizadas polo Centro Demostrador TIC de Galicia e terán lugar todos os martes en horario de 16:00 a 18:00 horas.

A temática que se abordará na primeira xornada será “As claves do éxito”, e desenvolverase o vindeiro martes, 5 de xuño. A segunda charla abordará “Os Prezos e Competencia”, e celebrarase o 12 de xuño. A seguinte xornada tratará sobre “Campañas e Promocións”, e terá lugar o 19 de xuño. O ciclo rematará o 26 deste mes co tema “Plataformas e Tendas”.

As charlas son independentes e á hora de inscribirse as persoas interesadas poden anotarse en calquera das conferencias ou na súa totalidade.

Para asistir a estas xornadas ou recibir máis información poden dirixirse á Aula CeMIT de Barreiros ou no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/es/node/7271.