Un grupo de nenos e nenas de Monforte de Lemos visitaron hoxe o colexio de San Miguel, en Barreiros, onde participan nunha xornada de convivencia

Un grupo de nenos e nenas de Monforte de Lemos visitaron hoxe o colexio de San Miguel, en Barreiros, onde participan nunha xornada de convivencia. A expedición visitou o Concello. Alí foron recibidos polo alcalde, Alfonso Fuente, que lles fixo entrega de diverso material promocional da Mariña e de Barreiros.
Os rapaces visitarán os areiais barreirenses e tamén o Museo do Mar, de San Ciprián. Para o rexedor “esta é unha forma de impulsar o turismo de proximidade e de dar a coñecer Monforte e Barreiros, entre o alumnado de ambos colexios. Hai monfortinos que teñen a súa segunda residencia aquí, pero hai outra xente que non coñece esta zona e animámola a que se acheguen a coñecernos e sobre todo a que os nenos e as nenas comenten a experiencia vivida. Así como é importante que os mariñanos coñezamos a Ribeira Sacra, tamén é importante que a xente do sur de Lugo veña a coñecer Barreiros e A Mariña”.