A AULA CEMIT DO CONCELLO ORGANIZA EN MAIO CURSOS PARA APRENDER A USAR A TABLET E O SMARTPHONE

A AULA CEMIT DO CONCELLO ORGANIZA EN MAIO CURSOS PARA APRENDER A USAR A TABLET E O SMARTPHONE.

Barreiros,  27 de abril  de 2018. A Aula CeMIT do Concello de Barreiros organiza durante o mes de maio novos cursos sobre a utilización de dispositivos móbiles.

Aprende a usar a tablet e Aprende a usar o Smartphone comezarán o vindeiro mércores, día 2 de maio, e prolongaranse ata o 23 deste mes. Terán lugar na Aula CeMIT de Barreiros, no Teleclub de San Cosme. O horario será das 16:30 ás 18:00 horas.

Estes cursos son gratuítos e o número de prazas é limitado. As persoas interesadas en participar poden inscribirse na propia Aula CeMIT ou no correo [email protected].

Colabora a  Fundación Vodafone España que pon a disposición dos asistentes tablets e móbiles de última xeración para que, os que non dispoñen destes dispositivos, poidan practicar durante as clases.