Fuente Parga niega recortes y presume de sostener una guardería municipal

Fuente Parga niega recortes y presume de sostener una guardería municipal

La oposición le reprocha tener que ejecutar un plan de ajuste por exceder el gasto

XAIME RAMALLAL
J. ALONSO 
BARREIROS / LA VOZ 

La gestión económica del Concello de Barreiros vuelve a ser objeto de debate. La oposición, BNG y PSOE, reprochan al alcalde, Alfonso Fuente, que se tenga que ejecutar un plan de ajuste al superar en más de 60.000 euros el gasto que tiene permitido.

Ana Ermida, portavoz nacionalista, lo atribuyó «ao malgasto de cartos que non reverten nos intereses veciñais». Y añadió: «É gravísimo que o que pretendan sexa recortar aínda máis os escasos investimentos que fai o Concello con fondos propios e en labores de roza».

Desde el PSOE, Mari Carmen Veiga, cuestionó la gestión de Fuente Parga que lleva a que Barreiros «estea tutelado por outras Administracións» y recalcó que «o xeito de facer política do PP de Fuente Parga prexudica aos veciños e veciñas que, a pesar de pagar os seus impostos, non poderán gozar de melloras no municipio executadas con fondos propios».

La réplica del alcalde fue defender su gestión e incidir en que, además del plan de ajuste, al pleno de mañana va también el plan concertado, con un gasto por valor de 650.000 euros. Añadió que el plan de ajuste es por inversiones que se realizaron en ejercicios anteriores y razonó que los 60.000 euros que se van a rebajar se debe a que el gobierno bipartito de la Diputación del que formaba parte el concejal barreirense Antonio Veiga solo daba a Barreiros en torno a 25.000 euros.

Esta circunstancia ahora ha cambiado y todos los concellos reciben unas cantidades importantes de la Diputación, lo que Fuente Parga atribuye a la presión que hace el PP provincial al gobierno socialista en la Diputación. Barreiros tendrá 240.000 euros.

Fuente negó la pérdida de servicios y puso de ejemplo el plan concertado, «que contempla manter tanto o Servizo de Axuda no Fogar, de Emerxencia Social como a gardería municipal, con 40 alumnos, que ao Concello lle custan en torno a 650.000 euros, que se di moi pronto. Recibimos unha axuda da Xunta e da Deputación de 190.000 euros, pero 400.000 ponos o Concello».

AS CONCELLERÍAS DE MEDIO AMBIENTE E TURISMO ORGANIZAN UNHA NOVA PEREGRINACIÓN. A DESTE ANO, QUE DARÁ COMEZO O 5 DE MAIO, PARTIRÁ DE SANTIAGO E REMATARÁ EN FISTERRA-MUXÍA

AS CONCELLERÍAS DE MEDIO AMBIENTE E TURISMO ORGANIZAN UNHA NOVA PEREGRINACIÓN. A DESTE ANO, QUE DARÁ COMEZO O 5 DE MAIO, PARTIRÁ DE SANTIAGO E REMATARÁ EN FISTERRA-MUXÍA.

Barreiros, 24 de abril de 2018. As Concellerías de Turismo e Medio Ambiente organizan unha nova peregrinación que este ano será entre Compostela e Fisterra-Muxía. Dividirase en cinco etapas de 18 quilómetros cada unha delas, e a primeira será o 5 de maio. As persoas interesadas poden anotarse nas dependencias do Concello ou chamando ao teléfono 618 75 25 60.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, anunciou que “nesta ocasión imos facer o camiño de Fisterra a Muxía, empezamos en Santiago e acabaremos en Fisterra, e despois iremos a Muxía, pero iso será máis adiante en setembro”.

Gómez Puente sinala que “as persoas interesadas en participar nesta nova peregrinación poden chamar ao 618 75 25 60, que é o meu teléfono, ou achegarse persoalmente ao Concello de Barreiros”.

O edil barreirense explica que “comezaremos o día 5 de maio, en total facemos 88 quilómetros e dividímolos en 18 quilómetros cada etapa, co cal serán cinco etapas. Ímolo facer en sábados alternos para facilitar a convivencia familiar e non apurarnos. Sairemos da Praza do Obradoiro e iremos en dirección a Fisterra. A primeira etapa será de 18 quilómetros, e serán máis ou menos así, 18 quilómetros cada unha, para non facelo moi pesado. Decidímolo así para facelo máis cómodo”.

José Manuel Gómez engadiu que “o prezo é de 55 euros por persoa, que é o que nos vai custar o autobús. Son 2.200 euros a viaxe en autobús e calculo que seremos 40, que máis ou menos é o habitual, co cal saímos a 55 euros por persoa. Como mínimo teñen que participar 40 persoas para que sexa unha viaxe, como de costume, con boa participación e para repartir un pouco os gastos entre todos. O Concello asume o gasto da última viaxe que será a que faremos en setembro a Muxía”.

O concelleiro de Medio Ambiente en Barreiros animou aos veciños e veciñas a participar nesta  nova peregrinación: “quedan dúas semanas para empezar a primeira etapa co cal hai que planificalo con tempo. A xente xa se vai enterando e o grupo que foi o ano pasado tamén se vai animando. Hai autobús para levar 55 prazas, pero con 40 xa me dou por satisfeito. Xa temos 30 persoas apuntadas así que quedan dez para poder dicir que facemos a peregrinación”.

Esta actividade foi presentada hoxe por José Manuel Gómez Puente e polo alcalde, Alfonso Fuente Parga.

AO PLENO QUE SE CELEBRARÁ NO CONCELLO BARREIRENSE O VINDEIRO MÉRCORES, 25 DE ABRIL

AO PLENO QUE SE CELEBRARÁ NO CONCELLO BARREIRENSE O VINDEIRO MÉRCORES, 25 DE ABRIL, IRÁN ASUNTOS COMO UN PLAN DE AXUSTE E O PLAN CONCERTADO QUE, EN PALABRAS DO ALCALDE, É A BASE DOS SERVIZOS SOCIAIS QUE SE PRESTAN NUN CONCELLO. FUENTE PARGA NON ENTENDE AS CRÍTICAS EFECTUADAS POLOS PARTIDOS DA OPOSICIÓN NOS ÚLTIMOS DÍAS.

ALFONSO FUENTE PARGA, ALCALDE DE BARREIROS

Barreiros, 23 de abril de 2018. O Concello celebrará pleno este mércores, 25 de abril, ás 19:30 horas, para aprobar o plan de axuste e o plan concertado. Este último é a base dos servizos sociais que se prestan en Barreiros, segundo o seu alcalde, Alfonso Fuente. O rexedor declara que o seu custe ascende a 650.000 euros anuais, dos que só 190.000 euros chegan procedentes das subvencións concedidas pola Xunta de Galicia e pola Deputación de Lugo. Fuente Parga engade que neste 2018 tamén se realizarán obras en estradas, rúas e alumeados, entre outros.

O alcalde de Barreiros manifestou que “lendo a información que estes días víamos por parte da oposición, que mandaban aos medios de comunicación, me sorprende porque parece que no pleno do vindeiro mércores só se vai aprobar o plan de axuste. Un plan de axuste que eu vou falar del, e tamén vou falar do plan concertado porque nesta información non se fala en ningún momento, a oposición parece que non quere falar da solicitude do plan concertado”.

Alfonso Fuente declarou que “o plan de axuste se debe a unha serie de investimentos que xa se realizaron en anos anteriores e por iso hai que axustar e rebaixar a parte que se dedica a investimentos. A parte que se dedica a investimentos, con fondos propios, se vai rebaixar en 60.000 euros. Isto se debe a que durante varios anos nos que gobernou o bipartito na Deputación, falo de PSOE e BNG, cando o vicepresidente da Deputación Provincial era o concelleiro do BNG neste Concello, Antonio Veiga Outeiro, o Concello de Barreiros recibía da Deputación en torno a 25.000 euros ao ano para facer obras”.

O rexedor dixo que “agora, presionado e porque ten que consensuar o Partido Socialista co Partido Popular na Deputación, pasamos todos os Concellos a recibir unhas cantidades importantes que destinamos a investimentos. Concretamente no Concello de Barreiros estamos a recibir en torno a uns 240.000 euros para investimentos no noso concello, que veñen, como en todos os Concellos, do que a Deputación Provincial recada para distribuír entre todos nos”.

Para o alcalde barreirense “se pode falar de que o Concello de Barreiros, igual que outros Concellos, tiñan unha débeda histórica por parte da Deputación, e sobre todo mentres gobernou o bipartito, entre eles o vicepresidente que era concelleiro neste Concello, xa que Barreiros non recibía e que agora recibe. Polo tanto o que facemos é sacar esa partida de 60.000 euros de investimentos reais dos fondos propios, é dicir, dos cartos dos veciños e veciñas, precisamente para destinar a outros investimentos e outros gastos correntes que necesitan e que están a demandar os veciños de Barreiros. Digo isto porque só se fala do plan de investimentos e non se fala nada do plan concertado que tamén vai ao pleno do mércores”.

Fuente Parga subliñou que “o plan concertado é polo cal se manteñen todos os servizos sociais do concello, é dicir, tanto axuda no fogar, tanto de libre concorrencia como de dependencia, son todos eses servizos que se prestan á xente maior, aos nosos veciños nas casas, nos cales todos os días os visita unha persoa para facerlles os coidados e o mantemento, e que poidan seguir vivindo nos seus domicilios”.

O rexedor indicou que “por outro lado está a gardería infantil na que contamos con 40 nenos e nenas e onde hai un persoal atendendo, que é unha envexa doutras moitas garderías. Pero esta é unha gardería municipal que mantén o Concello de Barreiros, e que outros concellos coa mesma poboación que ten Barreiros non contan con ese servizo, iso non se di. Non se fala de que no pleno do mércores tamén se vai debater ese plan concertado para manter en servizo tanto o SAF (Servizo de Axuda no Fogar) como a gardería, que ao Concello de Barreiros lle custan en torno a 650.000 euros, que se di moi pronto. É verdade que recibe unha subvención por parte da Xunta de Galicia e da Deputación que non suman máis que 190.000 euros, o resto 400.000 euros, son os que ten que poñer o Concello de Barreiros para soster estes servizos”.

O alcalde de Barreiros declarou que “o que non din estes señores, que poñen o grito no ceo porque sacamos 60.000 euros de investimentos reais, que tamén aí están, se están facendo en estradas. Este ano se van investir outros 200.000 euros en estradas, xa estes días se estiveron aglomerando estradas, facendo regos e traballos nas vías municipais. Vanse facer alumeados e vanse mellorar rúas. Cando falamos de 60.000 euros de investimentos é ben pouco en investimentos de estradas”.

Alfonso Fuente dixo que “o recortamos dos cartos dos veciños de Barreiros porque teñen que vir, e van vir, doutras administracións para facer fronte a eses investimentos. Simplemente é un cambio no presuposto e parece ser que isto o trasladan como se fose unha debacle e realmente é un axuste”.

O rexedorengadiu que “para min o importante do pleno do mércores, é que non se menciona nin unha soa palabra deste tema, é o plan concertado, que é a base dos servizos sociais que se prestan nun Concello, que é un dos servizos máis importantes, gardería, servizo de axuda no fogar, servizo de emerxencia social, é dicir, todas estas cousas que realmente necesitan moitas veces as persoas”.

O CONCELLO DISPÓN DA APP LÍNEA VERDE, QUE PERMITIRÁ A COMUNICACIÓN DIRECTA PARA A NOTIFICACIÓN DE INCIDENCIAS POR PARTE DOS VECIÑOS E VECIÑAS

O CONCELLO DISPÓN DA APP LÍNEA VERDE, QUE PERMITIRÁ A COMUNICACIÓN DIRECTA PARA A NOTIFICACIÓN DE INCIDENCIAS POR PARTE DOS VECIÑOS E VECIÑAS.

Barreiros, 23 de abril de 2018. O Concello presentaba este mediodía a app denominada Línea Verde. No acto, que tivo lugar na aula CeMIT, estiveron presentes o alcalde, Alfonso Fuente, e os concelleiro de Medio Ambiente e Cultura, José Manuel Gómez Puente e Adela Rodríguez, entre outros.

O rexedor barreirense subliñou que “hoxe presentábamos en Barreiros o que é unha app para comunicarse entre os cidadáns e o Concello dunha forma máis áxil e máis moderna”.

Fuente Parga lembrou que “xa contábamos cun servizo parecido, pero a empresa que o levaba deixou de prestalo xa hai como un ano, e entón atopamos esta aplicación, que está a funcionar xa noutros Concellos de Lugo e de Galicia, que se chama Línea Verde”.

O alcalde explicou que “tamén hai unha páxina en internet que se pode enlazar desde a propia do Concello de Barreiros que se chama www.lineaverdebarreiros.com, onde hai toda a información medioambiental, e tamén a posibilidade de comunicar por aí as incidencias, ao mesmo que se pode descargar esa aplicación para o móbil”.

Para Alfonso Fuente “trátase de estar en todo momento en contacto e facer a todos os veciños e veciñas partícipes e colaboradores do Concello para arranxar calquera deficiencia que xurda en calquera momento. Por iso eu creo que é importante que todo o mundo descargue esta aplicación e se comunique con ela”.

O rexedor de Barreiros indicou que “esta aplicación tamén serve para todos aqueles que teñan descargada esta aplicación poidan recibir en calquera momento desde o Concello información de que se corta unha rúa, ou que hai un problema de abastecemento de auga por unha rotura nunha zona determinada ou calquera incidencia. Comunicación en dobre sentido tanto desde os cidadáns ao Concello como desde o Concello aos cidadáns”.

Na presentación os técnicos explicaron que para poder utilizar este novo servizo, é necesario descargar a app Línea Verde accedendo a Google Play ou a app Store en función da tecnoloxía empregada no Smartphone. Posteriormente para comunicar unha incidencia bastará con pinchar sobre el botón Nueva Incidencia, e de forma automática a app detecta as coordenadas exactas nas que se localiza o desperfecto, para que o persoal do Concello inicie os trámites necesarios encamiñados á súa solución. Ademais de notificar unha incidencia o usuario tamén pode facer consultas medio ambientais.

Durante este mes de abril Barreiros únese aos máis de 400 concellos que a nivel nacional dispoñen do servizo Línea Verde.