DENUNCIA QUE LEVA ESPERANDO 3 MESES POR UNHA RESONANCIA CUNHA SOSPEITA DE ENFERMIDADE ARTERIAL GRAVE

DENUNCIA QUE LEVA ESPERANDO 3 MESES POR UNHA RESONANCIA CUNHA SOSPEITA DE ENFERMIDADE ARTERIAL GRAVE.

O paciente cré que se está a enganar @s usuari@s cunhas listas de agarda totalmente falseadas e afirma que acudirá ao xulgado.

A Mariña, 16 de Marzo de 2018. O paciente ,que xa padece unha enfermidade arterial severa , precisa ser visto na consulta de cirurxía vascular no HULA para descartar unha obstrucción nas arterias carótidas,patoloxía que de confirmarse sería catalogada como grave. Antes de acudir á consulta de vascular precisa facer unha resonancia que foi pedida como preferente o día 15 de decembro de 2017.

O pasado mes de febreiro contacta coa Plataforma porque nesas datas ainda non o chamaran para facer esa proba preferente e presenta unha reclamación o día 26 de febreiro de 2018 con número de rexistro 404. ”Paréceme unha irresponsabilidade por parte da xerencia e da xestión das listas de agarda levar agardando 3 meses por unha proba preferente para confirmar se teño obstruídas as carótidas,enfermidade que é grave e que podería traer consecuencias importantantes para a miña vida e supervivencia”- manifesta o doente.

O paciente ante esta absoluta falta de previsión nos tempos de agarda por parte da xerencia e a incompetencia  da mesma, anuncia que tomará as medidas legais oprtunas e que fai responsable á mesma de todo canto lle poidera ocurrir desde a presentación da reclamación.” Necesito ir á consulta de vascular porque o problema que teño nas arterias é grave, teño medo de que me pase algo porque non estamos a falar dunha enfermidade leve, e mentras non teña feita a resonancia non me chaman para ir á consulta.Esperemos que isto non teña consecuencias para a  miña saúde ou calidade de vida”- conclúe o paciente desesperado e atemorizado.

A Plataforma Sanitaria ve nas actuacións da dirección do centro sobre as listas de agarda un modus operandi establecido desde hai un tempo para desacreditar o sistema público sanitario e facilitar a desviación a centros privados.” Non se trata de envíos puntuais de pacientes cara a centros privados como aseguraba o xerente do HULA nunha entrevista na radio. Estamos a ver  desviacións masivas de pacientes a facer probas diagnósticas ou procedementos cirúrxicos perfectamente asumibles polo Hospital da Costa, cara a centros privados que presionan ao goberno da Xunta para que xestione   derivacións de forma xenérica “-  declaran representantes da Plataforma Sanitaria.