O CONCELLO DE BARREIROS PUXO EN MARCHA UN NOVO SISTEMA DE COMUNICACIÓN COS VECIÑ@S MAIORES DE 60 ANOS

O CONCELLO DE BARREIROS PUXO EN MARCHA UN NOVO SISTEMA DE COMUNICACIÓN COS VECIÑ@S MAIORES DE 60 ANOS. TRÁTASE DO ENVÍO DE INFORMACIÓNS DO SEU INTERESE A TRAVÉS DE SMS AOS SEUS MÓBILES.

Barreiros, 2 de marzo de 2018. O Concello estreou hoxe un novo sistema de comunicación cos seus veciños e veciñas maiores de 60 anos. Estas persoas reciben a través de sms no seu móbil información sobre as actividades que poidan ser do seu interese como viaxes, balnearios, etc…

O alcalde, Alfonso Fuente, anunciou que “hoxe no Concello de Barreiros puxemos en marcha un novo sistema de comunicación con todos os veciños e veciñas”.

O rexedor lembrou que “hai aproximadamente un mes enviamos unha carta a todos aqueles maiores de 60 anos para que nos fixeran chegar o número de teléfono móbil. Hoxe practicamente toda a xente anda cun teléfono móbil e fóronos facilitando eses números”.

Fuente Parga subliñou que “así hoxe enviamos a primeira mensaxe de SMS a todos os que nos facilitaron os seus números, informando da apertura do prazo para inscribirse nos balnearios”.

O alcalde barreirense adiantou que “así será sucesivamente en todos os avisos que haxa desde o Concello para telos informados, e que non teñan que estar pendentes daqueles bandos que se colocan ou daqueles carteis que se colocaban en distintos sitios e que ás veces non se enteraban ou non coincidía que o viran”.

Alfonso Fuente dixo que “non nos parecía que estaban debidamente informados, incluso ás veces se procedía a chamar á xente por teléfono e en ocasións non estaban na casa. Desta forma recíbena ao momento, en canto se abra un prazo ben para balnearios, para vacacións ou calquera información de interese do Concello, váiselles mandar directamente ao móbil para que pasen polas oficias municipais a facer o trámite que crean oportuno”.

O rexedor engadiu que “vai en beneficio de todos os veciños, así se irá implantando noutros servizos do Concello, pero iniciamos esta nova forma de comunicación co departamento de Servizos Sociais en primeiro lugar”.

UNHAS SEIS MIL MARIÑÁS E MARIÑAOS ATEIGAN AS RÚAS DE BURELA NUNHA MOBILIZACIÓN  POLA SANIDADE PÚBLICA QUE FARÁ HISTORIA NA COMARCA

UNHAS SEIS MIL MARIÑÁS E MARIÑAOS ATEIGAN AS RÚAS DE BURELA NUNHA MOBILIZACIÓN  POLA SANIDADE PÚBLICA QUE FARÁ HISTORIA NA COMARCA

A manifestación do 1 de marzo, que xa se da en camar o “ día da dignidade”, saiu do Hospital da Costa sa oito da tarde.

A Mariña 2 de marzo de 2018. Unhas seis mil mariñás e mariñaos sairon onte á rúa as oito da tarde do Hospital da Costa, sen importarlle o frío e a chuvia e ateigaron as rúas de Burela. Precedidos pola música de dous gaiteiros percorreron a vila berrando consignas como “ A Área da Mariña non se elimina”, “Feijoo escoita a Mariña está en loita”,” Balseiro conta ben, que somos máis de cen”ou “Desmantelan a pedazos , xa non temos marcapasos”.

Xa na praza do Concello , tras agardar bastante tempo a que chegara a cola da manifestación , procedeuse á lectura do manifesto  a cargo do locutor Anxo Rivas Pardeiro de Radio Foz,persoa moi coñecida e querida na Mariña.

Interviu tamén a coordinadora da Plataforma, que anunciou que as persoas que demandaran e sairan en prensa denunciando yempos de espera inaceptables x aforan chamadas ese mesmo día para darlles cita. “Queremos agradecer estas persoas a valentía e dignidade que tiveron ao dar a cara para denunciar unha situación que deberá avergoñar á xerencia ,ao Sergas e @s nos@s gobernantes, e animar a tod@s@s que desexedes facer unha reclamación que a Plataforma Sanitaria aquí está para axudarvos e estar ao vos lado”- manifestou  Montse Porteiro.

Pola súa banda o portavoz fixo alusión @s responsables polític@s do PP mariñán que coa súa ausencia están a corroborar que non defenden a Sanidade Pública “Aquí hai responsables do desmantelamento de servizos tanto no Hospital da Costa como de persoal e materiais nos centros de saúde. A súa ausencia aquí confirma que non defenden a sanidade pública e son cómplices das políticas privatizadoras do PP, que tanto sufrimento están a producir @s veciñ@s da Mariña- conclúe Víctor Vila.

Boa tarde a todas e todos pola vosa presencia neste acto na defensa da nosa Área Sanitaria. Realmente a Plataforma Sanitaria da Mariña estamos emocionadas e emocionados ao ver a cantidade de xente que viñestes a este acto reivindicativo en defensa da sanidade pública sabendo que en moitos casos non é doado polas obrigas laborais , familiares, e de calquera outro tipo.

O pasado 4 de febreiro tivo lugar en Compostela unha manifestación en defensa da Sanidade Pública que mobilizou a un milleiro de mariñás e mariñaos en 10 autobuses e centos de coches. Algo histórico na comarca, xa que nunca antes houbera un desprazamento organizado tan grande para ir a unha manifestación fora da Mariña.

Posteriormente, o día 6 de febreiro, representantes da Plataforma acudimos ao debate da totalidade no Parlamento. A actitude do PP foi chulesca , de soberbia e alonxada da realidade e do pobo. Non escoitan á cidadanía máis abren ben as orellas e as mans ante as esixencias das empresas sanitarias privadas.

Entendemos que nun país que se chame democrático, o feito de que 30.000 persoas saíran á rúa a dicir que esixen a retirada do proxecto de modificación da lei de saúde, que rexeitan a supresión das áreas sanitarias e que non queren que se privatice a sanidade, sería máis que suficiente para que se retirase ese punto da orde do día e se sentaran a dialogar coa oposición e os axentes sociais.

Na Mariña non nos rendemos nin nos resignamos e foi por iso que continuamos coas concentracións dos mércores diante do hospital e dos centros de saúde. Estas mobilizacións seguen a mover xente como cando comezamos, hai xa 7 meses. A maiores, a veciñanza da Mariña fixo unha unánime petición á Plataforma Sanitaria para que continuásemos coas mobilizacións na Comarca, un dos motivos polos que hoxe estamos aquí, por vós.

Porque nada mudou, acaso o que si cambiou foi a desvergoña con que a Xerencia e o Sergas publicaron nos diarios os datos oficiais dos tempos de agarda maquillados ate límites insospeitados ( sobre todo nos días previos ás nosas mobilizacións) , desmentidos polas veciñas e veciños, que amosan publicamente os datos reais das súas citas .Datos que sobrepasan con moito os tempos de espera máximos que permite a recen estreada lei de garantías.

De feito, documentouse unha primeira cita para dermatoloxía cunha agarda de 7 meses, cando os datos oficiais cífranse en 38,7 días.

Tamén probas de esforzo pendentes que levan cerca dun ano de espera e esas persoas nin sequera teñen cita (reclamación feita), ecocardiogramas con esperas de máis dun ano…. cando a xerencia cifra en 15 os días de agarda para estudos cardiolóxicos.

Os marcapasos continúan derivándose a Lugo, o que implica derivacións tanto para a súa implantación como para as futuras revisións e os cambios de pila.

A enfermeira da consulta de educación sanitaria para pacientes oncolóxicos e  familiares segue sen existir. Somos o único hospital da rede SERGAS que carece de esa profesional, e son os e as pacientes da Mariña, as únicas que non reciben este necesario servizo sanitario .

Anuncian tamén na prensa que o noso hospital está en disposición de realizar procedementos chamados VÍAS RÁPIDAS para detección de 6 tipos de cancro máis o programa de detección precoz de cancro colorrectal ten como referente o Servizo de Dixestivo do HULA, pese a dispor aquí de Dixestivo e dúas salas de Endoscopias.

Gran parte das intervencións de traumatoloxía como xeonllos, xoanetes, próteses de cadeira estanse a derivar a Lugo desde os inicios dos procedementos, e dicir desde o preoperatorio, ate a intervención e as revisións, cos conseguintes desprazamentos de pacientes e familiares, causando gastos innecesarios.

Se falamos de cirurxía vascular, servizo que demandamos desde hai tempo para o Hospital da Costa, temos unha espera en primeiras citas de ate un ano, con resposta por parte do servizo de atención ao usuario ante a chegada de reclamacións con un “as primeiras consultas de patoloxía venosa por ser moi numerosas e menos urxentes , teñen máis demora.” E así “ despachan” aos pacientes.

Cando publican que a espera para cirurxía é de 45 días de media falsean os datos, porque cando deciden que unha persoa ten que facer unha intervención pasa a formar parte das listas de agarda non estruturais ou listas B, que van a un caixón sen computar .Unha vez que chaman ao paciente para facer o preoperatorio é cando pasan ás listas estruturais, empezando a contar a partir dese momento. Por iso saen eses datos tan bonitos e axeitados de espera para operarse.

E que dicir da ATENCIÓN PRIMARIA !!! Estamos asistindo ao desmantelamento a velocidades de vertixe da Atención Primaria, porta de entrada ao sistema sanitario, con peche de consultas porque non se substitúen as profesionais, constatándose ate 12 días de espera para unha cita nunha consulta nos centros de saúde.

As consultas de Pediatría en Atención Primaria están absolutamente desbordadas. Por citar algúns casos, no Centro de Saúde de Viveiro dous pediatras atenden as crianzas de Viveiro,Ourol e Vicedo, e cando falta algún/-ha  das profesionais non se cubre ou faise parcialmente, aumentando a presión asistencial ate límites inadmisibles.

En Foz unha pediatra cunha redución de xornada  sen cubrir atende crianzas dos Concellos de Foz, Valadouro e Alfoz, estes dous últimos concellos con un total de 300 nenos e nenas.

A pediatra de Barreiros é compartida con Mondoñedo e Lourenzá, indo a Barreiros dúas horas , tres días á semana. É dicir nin sequera unha xornada laboral á semana.

A día de hoxe, a sanidade da Mariña está en estado crítico, ingresada na UCI. Si esta Lei vai para adiante, morrerá a nosa Área Sanitaria da Mariña e pasaremos a ser pacientes de Lugo. Si ata o de agora nos daban a escoller operarnos con inmediatez nas privadas de Lugo ou esperar para operarnos no noso hospital, cando pasemos a ser pacientes de Lugo, obrigarannos a ir ás privadas da cidade e non poderemos rechazalo, xa que de facelo, perderemos o dereito á asistencia sanitara.

HOXE ESTAMOS AQUÍ POR TODO ISTO E TAMÉN:

PORQUE ESIXIMOS QUE SE MANTEÑA A ÁREA SANITARIA DA MARIÑA

PORQUE ESIXIMOS A RETIRADA DESTA LEI DE SAUDE.

PORQUE ESIXIMOS QUE A MARIÑA SEXA UNHA ÁREA SANITARIA PROPIA TAL E COMO O É A VECIÑA COMARDA DO FERROL, CON SIMILAR NÚMERO DE HABITANTES E SEN AS DISTANCIAS QUE HAI NA MARIÑA AO HOSPITAIS DE LUGO.

PORQUE ESIXIMOS QUE SE DOTE DE RECURSOS HUMÁNS E MATERIAIS A ATENCIÓN PRIMARIA

PORQUE ESIXIMOS QUE A AMPLIACIÓN DE EDIFICIOS VAIA ACOMPAÑADA DUNHA AMPLIACIÓN REAL DE SERVIZOS, ASÍ COMO DOS RECURSOS HUMÁNS AXEITADOS PARA GARANTIR UNHA ASISTENCIA SANITARIA DE CALIDADE.

PORQUE ESIXIMOS UNHA SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE, UNIVERSAL,GRATUITA , INTEGRAL E INTEGRADA E DE PROXIMIDADE.

Para rematar dar as grazas aos colectivos ou asociacións, que paso a nomear:

AAVV de todas as vilas e parroquias
Asociación Mira e anda
ANPAS Alvaro Cunqueiro Mora e ANPA escola de música o Pallarego
Asociación Apicultores
Asociación cultural no camiño
Asoc. Xuvenil Xoldra
Asociación XEBRA
Espeleoclub Rei Cintolo

Observatorio da Mariña pola Igualdade
ALCER
ASOC. Cultural Pomba do Arco
IRMANDADES San Caetano ,Santo Estevo, e Augasantas
Montes comunais: Vilaestraofe,Figueiras Carracedo,Rioseco e Chao das Louseiras
Ollomao colectivo cultural
Orfeon Mondoñedo
Pensamento e sementeira.

Seminario de estudos Terras de Viveiro
Asoación Musical Melomania
ACIAS das vilas
CAMIÑA
Asociación Fibromialxia de Xove
Hortamariña Mondoñedo
Peña Barcelonista Mondoñedo
COMITE DE EMPRESA DE ALCOA
CONCELLOS de: Ribadeo, Burela,Viveiro,Mondoñedo, Lourenzá,Valadouro, Alfoz,
XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA SANITARIA DA MARIÑA.

Pero sobre todo dar as grazas a todos vos, que dende agosto, dende ideoloxías e sensibilidades diferentes, sodes exemplo de loita na defensa da nosa área sanitaria e da sanidade pública.

Este aplauso vai por vós, pola veciñanza alegre e combativa da Mariña.

A Mariña exige el mismo trato que Ferrol y defiende en las calles su área sanitaria

A Mariña exige el mismo trato que Ferrol y defiende en las calles su área sanitaria

Unas 6.000 personas, según la organización, se manifestaron anoche en Burela

M. CUADRADO 
BURELA / LA VOZ 

«Esiximos que A Mariña sexa unha área sanitaria propia, tal e como é a veciña comarca de Ferrol, con similar número de habitantes e sen as distancias que hai da comarca mariñana aos hospitais de Lugo». Era una de las reivindicaciones que anoche se escucharon en la manifestación que discurrió entre el Hospital da Costa y la Praza do Concello de Burela. Pese a la lluvia intermitente y al intenso frío, unas 6.000 personas, según la organización, rechazaron la reforma que impulsa la Xunta y exigieron que A Mariña mantenga su área sanitaria propia.

La Plataforma Sanitaria lleva 7 meses pidiendo a la Xunta que no suprima el área y denunciando la pérdida de servicios sanitarios en favor de hospitales de Lugo, como la implantación de marcapasos o gran parte de las operaciones de traumatología, como las de rodillas o prótesis de cadera. Ayer volvieron a criticar los tiempos de espera en consultas e intervenciones maquilladospor el Sergas. Desmantelan a pedazos, xa non temos marcapasos; A área sanitaria non se elimina; Feijoo, escoita, A Mariña está en loita... fueron algunas de las consignas coreadas durante casi una hora de manifestación. Probablemente la de ayer no sea la última protesta. La reforma de la Lei de Saúde podría aprobarse el día 20 en el Parlamento gallego.

Piden que la ampliación de edificios vaya acompañada de más servicios y más profesionales

Concluida la manifestación ciudadana, que también fue respaldada por alcaldes, ediles, diputados y otros cargos, el locutor Anxo Rivas leyó un manifiesto. Se reclamó que se mantenga el área sanitaria y se retire la Lei de Saúde. Se denunció «o desmantelamento a velocidades de vertixe da atención primaria, con peche de consultas porque non se substitúen a profesionais…» y se reclamó que se dote de recursos humanos y también materiales la atención primaria y que la ampliación de los edificios sanitarios vaya acompañada de una ampliación real de servicios y de recursos humanos «axeitados para garantir unha asistencia sanitaria de calidade». Se exigió el mismo trato para los mariñanos que para otros gallegos y «unha sanidade pública de calidade, universal, gratuita, integral e integrada, e de proximidade».