«Nós non notamos un baixón de vodas porque cada vez temos máis»

«Nós non notamos un baixón de vodas porque cada vez temos máis»

O negocio hostaleiro organizará o sábado 3 e o domingo 4 de marzo un «showroom» de celebracións

.
PEPA LOSADA
L.R. 
VIVEIRO / LA VOZ 

Despois dun tempo sen acoller vodas, O Asador de Barreiros retomou hai dous anos a organización deste tipo de citas, como explica a súa propietaria, Digna Mª Irimia Valea, que avanza en que consistirá o «showroom» de celebracións que acollerá o establecemento o 3 e 4 de marzo.

-Trátase dunha especie de feira na que vamos presentar moitas cousas relacionadas coas vodas, as comunións, as vodas de ouro, os banquetes… Fixémolo hai dous anos por primeira vez e quedamos encantados.

-¿Como se desenvolverá o encontro?

-Inaugurarémolo o sábado ás 17 horas e ese día obsequiaremos aos asistentes cun viño e sortearemos unha fin de semana na Toxa. O domingo a apertura será ás doce da mañá, e sobre as seis da tarde haberá un pase de modelos con moda, estética, perruquería e xoiería. Será presentado pola actriz Estíbaliz Veiga, e sobre as oito da tarde haberá un viño e sortearemos tres ceas no Asador.

-Din que a xente cada vez casa menos…

-Nós realmente non notamos que haxa baixón de vodas, todamos ao revés. Hai moito tempo que as fixemos, pero logo retomamos e cada ano van en aumento. Atendemos a parellas desde Castropol, Tapia e Navia ata Viveiro e Mondoñedo.

Máis dunha ducia de empresas de toda A Mariña participarán no certame

Máis dunha ducia de empresas de toda A Mariña participarán no «showroom» que deseña o restaurante O Asador. Ademais dos anfitrións, amosarán o seu traballo a pastelería Cabaleiros de Lourenzá, Viaxes Rodríguez de Foz, Óscar Rodríguez Joyeros, de Viveiro, Auto Fórum de coches clásicos de A Coruña, Audiovisual Iria Pernas, Audiovisual El Farero de Ribadeo, Floristería Sefa de Mondoñedo, Peluquería Cid de Barreiros, Centro médico estético Coita de ti de Barreiros, Celebra o teu día de Burela, Decoraciones Pura, e a Boutique Catycris de Xove, que fará un desfile. «O primeiro ano foi moi ben, espectacular, moito mellor do que esperabamos, un cheo total», indicou Valea.