Día da paz ás carreiras no CEIP San Cosme

Día da paz ás carreiras no CEIP San Cosme


Este martes, coincidindo co Día da Paz, os alumnos do CEIP San Cosme de Barreiros celebraron a Carreira Solidaria para recadar fondos para a ONG Save The Children. A finalidade é loitar contra a desnutrición infantil. Os nenos buscaron patrocinadores que financiaban cada volta que deran ao xardín do colexio. Todos os cativos fixéronno moi ben e as familias foron moi xenerosas.