«Hai moito teatro e moi bo na Mariña»

«Hai moito teatro e moi bo na Mariña»

A formación teatral barreirense comezou onte xira con «Enciclopedia Álvarez»

XAIME RAMALLAL
YOLANDA GARCÍA 
BARREIROS / LA VOZ 

Logramos «roubarlle» cinco minutos (máis ben, algo máis) a Ramón Casas, director do grupo de teatro de Ollomao de Barreiros, xusto botando unha man a nivel técnico antes dunha representación da sección infantil.

-Vese que hai canteira de futuros actores e actrices en Barreiros…

-A verdade é que si. O grupo infantil está tendo moi boa acollida. Levamos xa catro ou cinco anos con el pero máis que para preparar obras é como unha especie de obradoiro teatral.

-Coma un xogo tamén, non?

-Están funcionando dous grupiños. Un de rapaces de 13 ou 14 anos fan cousas xa algo máis «en serio», xa representan obras duns 50 minutos. E os máis pequenos que fan máis xogo dramático.

-Aínda non terán que memorizar un señor guion, supoño.

-Os máis grandes si. Os máis pequenos non porque se trata de que lles guste e despertar neles o amor polo teatro. Estamos moi contentos e moi agradecidos. Hoxe [o pasado sábado] imos ter no público mamás, papás, avós, avoas… Agora si que os nenos están atacados dos nervios!

-Como adulto e vendo como son os nenos, que lles gustaría ter que teñan eles nun escenario?

-Que nos gustaría? A ilusión, o futuro que teñen por diante… moitísimas cousas! O que botamos de menos dos nenos son as ganas e a esa capacidade de xogar continuamente. Porque para o teatro tes que ter ganas de xogar, de divertirte, de pasalo ben…

-Pois parece que o gusto polo teatro afeccionado medra.

-É unha actividade que calou moito na xente, sobre todo á hora de actuar e involucrarse nos grupos. Boto de menos máis espectadores, sen embargo vemos que veñen grupos profesionais e tampouco hai tanto espectador…

-Ollomao pasou dos 3.000 nas 12 funcións de Os vellos non deben de namorarse de Castelao.

-Nós, a verdade, é que estamos tendo moita sorte. Todas as nosas obras foron un éxito de público impresionante. Supoño que fariamos algo ben. Da última, Encilopedia Álvarez, a estrea foi en San Miguel de Reinante e houbo función tres días seguidos. O venres, o sábado e o domingo e todos cheos! En total, preto de 500 persoas. En Lourenzá fomos ao certame de teatro e tamén enchimos e quedou xente sen entrar!

-Aínda que é director, vaille tamén a interpretación?

-(Ri) Como actor son malísimo, por iso nunca me puxen aí arriba. Si que me gusta como director variar, facer cousas distintas en Ollomao, dende clásico, Castelao, algo moito máis actual como é Oé oé oé sobre fútbol e política, tamén nos metimos con Shakespeare en Noite de Reis, e fixemos o ciclo «Teatro nos bares», que foi interesante, obras pequeñiñas para representar na hostalería. E agora, Enciclopedia Álvarez. Penso que hai que intentar variar sempre un pouquiño e buscar obras que teñan certo contido. Esta última é un repaso á memoria histórica, que creo que foi nefasta dende o punto de vista educativo…

-A súa profesión cal é ou foi?

-Mestre. Fixo un ano en outuro que me xubilei. Aínda que fixera antes teatro escolar e xa estaba metido en Ollomao, dende hai ano e pico estou máis metido no meu hobbie que é o teatro.

-Agora ten máis tempo para dedicarlle. Algunha obra en mente?

-Hai moitas cousas pero nada concreto. Sempre ando mirando catro ou cinco cousas a un tempo. A dinámica de funcionamento é esa, en canto poñemos a rular unha obra xa estamos preparando outra. Se algo consideramos en Ollomao é que as cousas necesitan moito traballo. Esta última peza levounos nove meses preparala.

-Di que os actores de Ollomao xa lle piden máis obras novas. Vexo que lle dan caña ao director!

-Non queren parar! É admirable. Eu estou encantado, de velos vir ensaiar cando paran de traballar, hai que botarlle moito valor, son puntuais e traballan máis horas e sen a máis mínima protesta. Nesta obra son 16 actores e actrices.

-Como vive as estreas teatrais?

-Eu, como ocorre nos grupos, aparte de dirección levo o tema técnico de iluminación e son… un pouquiño de todo. O certo é que é o momento peor porque ti non podes facer nada, as cousas saen como saen. Debes ter a confianza de que cando o traballo está ben feito as cousas saen adiante. E coa implicación da xente a labor de dirección faise fácil.

-Por último, como ve a saúde do teatro afeccionado na Mariña?

-Hai moito teatro e hai teatro moi bo na Mariña pero creo que é demasiado repetitivo. A maioría dos grupos fan o mesmo tipo de teatro, un teatro costumista, pero a min gustaríame que houbera máis grupos máis diversos, que investigaran outras formas de teatro. Por iso naceu Ollomao. Queriamos ocupar un espazo que nos parecía que non estaba ocupado.

A Xira. Catro Obras

A xira. Aínda que a estrea de Enciclopedia Álvarez foi realmente no municipio de Barreiros, a xira con dita obra comezou onte en Cangas de Foz. Ollomao levaráa tamén a Betanzos, Ribadeo, Vegadeo, Trabada ou Rinlo nos vindeiros meses.

Catro obras. Con Os vellos non deben de namorarse acadaron máis de 3.000 espectadores nas 12 representacións feitas. Suman xa dúas edicións do seu Teatro nos bares e Oé oé oé segue en cartel tres anos despois. Outra obra de Ollomao foi Noite de Reis, do gran Shakespeare.

O MAR LEVOU UNHA PONTE NA PRAIA DE REMIOR, EN BARREIROS, OCASIONOU DANOS NOS ASEOS DE BENQUERENCIA E MOVEU AS ESCALEIRAS SITUADAS FRONTE AO CÁMPING GAIVOTA

O MAR LEVOU UNHA PONTE NA PRAIA DE REMIOR, EN BARREIROS, OCASIONOU DANOS NOS ASEOS DE BENQUERENCIA E MOVEU AS ESCALEIRAS SITUADAS FRONTE AO CÁMPING GAIVOTA. O ALCALDE SUBLIÑA QUE OS DANOS SON CUANTIOSOS E AGARDA QUE TODO SE POIDA POÑER EN SERVIZO PENSANDO NA SEMANA SANTA.

Barreiros, 18 de xaneiro de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, fixo hoxe balance dos danos causados polo mar nas últimas horas nos areais do municipio. O rexedor subliñou que levou unha ponte en Remior, moveu as escaleiras situadas fronte ao cámping Gaivota e ocasionou danos nos aseos de Benquerencia. Non houbo que lamentar danos persoais.La imagen puede contener: exterior

Fuente Parga, que estes días se atopa en Fitur en Madrid, sinalou que “os datos que nos deixa a desfeita realizada polo mar no día de onte son que levou a ponte de Remior, causou desperfectos nos aseos de Benquerencia e as escaleiras que están fronte ao Cámping Gaivota tamén as moveu. Son eses tres danos, eu pensaba vendo os vídeos da xornada de onte que poderían ser máis cuantiosos, estes son importantes e a ver si podemos poñer todo en servizo xa de cara á Semana Santa e como non antes do verán, claro”.

O alcalde barreirense dixo que “non houbo que lameLa imagen puede contener: planta, cielo, exterior y naturalezantar danos persoais. Sempre se avisa moito e cada vez a xente está máis concienciada. Parece bonito ver esa actuación do mar, pero hai que apartarse porque como se ve parece que non vai chegar, pero de repente unha ola, un golpe de mar se adentra en terra e pode ocasionar danos persoais. Por iso insistimos en que cando se dean estas circunstancias debemos evitar todos achegarnos á costa”.La imagen puede contener: océano, cielo, playa, exterior, naturaleza y agua

 

 

Plataforma na defensa da sanidade da mariña

CONVOCATORIA  AOS MEDIOS

Data: Venres, 19 de Xaneiro

Hora: 11,30 horas

Lugar: Local da CIG.Rúa Arcadio Pardiñas.Burela

Asunto: A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca aos medios a unha rolda de prensa a celebrar no lugar, data e hora indicados  en relación ás próximas actuacións que levaremos a cabo, e que  agardamos sexan de voso interese .

Para máis información chamar a Victor Vila  677343429