UNHA MULLER OCTOXENARIA PASA CINCO HORAS NUN CORREDOR DE URXENCIAS CON DOR INTOLERABLE, SEN ATENCIÓN MÉDICA E SEN ANALXESIA

UNHA MULLER OCTOXENARIA PASA CINCO HORAS NUN CORREDOR DE URXENCIAS CON DOR INTOLERABLE, SEN ATENCIÓN MÉDICA E SEN ANALXESIA.

A muller acude ao PAC de Burela, de donde é remitida a urxencias hospitalarias por dor abdominal, para o seu diagnóstico e tratamento.

O pasado 9 de xaneiro una muller octoxenaria acude ao PAC de Burela cun cólico intestinal que lle produce unha dor intolerable.Unha vez vista decídese a súa derivación ao servizo de urxencias do hospital para o seu diagnóstico e tratamento.

Desde que pasa ás urxencias hospitalarias  permanece nunha camilla dun corredor durante cinco horas  sen atención médica e sen analxesia, cunha dor tan intensa que berra con él. Pasado este tempo é vista por un/-ha facultativ@ que lle pide unha ecografía e unha radiografía para diagnosticar e tratar. Unha vez feitas xa se lle pon analxesia e demáis tratamento. A familia contactou coa Plataforma sanitaria para que lles axudase a poñer a pertinente reclamación e darlle difusión en prensa se nos seguintes días non poñían solución á caótica situación do servizo de urxencias e mesmo agardaban unha desculpa da dirección do hospital  . O persoal estába absolutamente desbordado, fixeron canto poideron pero non daban para máis.Quero amosarlles o noso absoluto respecto polo seu traballo e adicación- comenta a súa familia, que tamén é coñecedora de que antes de poñer analxesia hai que ver cal é a súa causa, máis cinco horas berrando de dor nun corredor parécelles imhumano.

Máis lonxe de recoñecer a situación e desculparse , cando menos, a xerenta executiva do Hospital da Costa sae na prensa dous días despois declarando que a situación do Servizo de Urxencias do Hospital é de “normalidade”. Desde a Plataforma sanitaria non podemos comprender como a xerenta executiva, que ate hai pouco tempo traballou neste servizo amosa tan pouca sensibilidade e mesmo maquilla os datos desta maneira. O máis lóxico sería que se preocupase pola cobertura de profesionais como é debido e a maiores que reforzase o servizo cando hai estes picos de incidencia- manifestan  membros da Plataforma.

Para a Plataforma Sanitaria é inadmisible que se produzan situacións como esta ,con un persoal sanitario que fai máis do humanamente posible para poder dar a axeitada atención @s pacientes que entran pola porta de Urxencias, pero que se ve absolutamente desbodad@ ante a situación, e esixen que se amplien as plantillas de persoal en cada  quenda  cando proceda. Tanto que lle gustan ao deputado Vega a aritmética e as contas , pode achegarse a este servizo cando está ateigado e contar in situ @s pacientes que están polos corredores sen atender e mesmo calcular o ratio de persoas que se están a atender por profesional – conclúen desde  a Plataforma Sanitaria

OS DESBROCES E TAREFAS DE LIMPEZA DAS PRAIAS QUE O GOBERNO DE BARREIROS ENCARGOU SEN NINGÚN PROCEDEMENTO SUMAN CERCA DE 40.000EUROS QUE HABERÁ QUE SACAR DO ORZAMENTO DO 2018

OS DESBROCES E TAREFAS DE LIMPEZA DAS PRAIAS QUE O GOBERNO DE BARREIROS ENCARGOU SEN NINGÚN PROCEDEMENTO SUMAN CERCA DE 40.000EUROS QUE HABERÁ QUE SACAR DO ORZAMENTO DO 2018.

A falta de organización supuxo que eses traballos non estivesen previstos, polo que levan sen pagar desde o verán, restándose agora do que se orzamente para este ano.

A operación de recoñecemento extraxudicial de crédito implica falsear aínda máis os orzamentos municipais, deixándoos sen cartos suficientes para atender ás obrigas que terá o Concello de Barreiros no 2018.

 

Barreiros, 15 de xaneiro de 2018. O custe da empresa de limpeza de praias polo que o BNG preguntou insistentemente durante o verán pasado e, incluso, rematado este “descúbrese agora, coas facturas que quedaron sen pagar no 2017. O importe deses traballos, adxudicados directamente a unha empresa, ascende a máis de 20.000 euros; aos que hai que sumar outros traballos realizados por outras empresas – que tamén levan sen cobrar desde o verán- por importe de arredor de 38.000 euros”, explica a portavoz municipal do BNG.

Para o BNG iste é o exemplo claro do xeito de xestionar e administrar os cartos públicos que ten o goberno do PP en Barreiros, con Alfonso Fuente á cabeza: “non teñen máis preocupacións que lavar a cara cando hai protestas veciñais ou se fai público o funcionamento real do Concello. A improvisación que amosou o goberno de Barreiros durante o verán saénos ás veciñas e veciños por cerca de 40.000 euros, só no que se refire á traballos de limpeza e desbroces nas praias”, afirma Ana Ermida.

Os orzamentos para o 2018 non son reais e non aseguran os cartos para facer fronte ás obrigas que ten o Concello.

O grupo municipal do BNG votou no pleno de hoxe en contra da aprobación do orzamento para o 2018. “En primeiro lugar, porque as preferencias de gasto do Partido Popular e as do BNG son diametralmente opostas. Nós non cremos que sexa lícito orzamentar 50.000 euros para o avogado, 10.000 euros para protocolo e 16.400 euros para propaganda e publicidade; mentres se orzamentan 3.000 euros para emerxencia social”, expón a portavoz municipal.

Pero, ademais, Ana Ermida asegura que “os orzamentos que se presentan están falseados e os números que se poñen no papel non serven despois para asegurar o funcionamento do Concello”. “Non é só que se inclúan partidas de ingresos infladas sabendo que xa no 2017 se recaudou menos por eses conceptos, como é o caso do IBI ou da taxa por abastecemento de auga. É que para gastos nos que o que se orzamentou o ano pasado non chegou, neste ano métense os mesmos ou menos cartos”, explica.

Como exemplo sinala un caso “moi ilustrativo”: para facturas do alumeado público o ano pasado orzamentáronse 125.000 euros. Non chegaron, pois este ano hai que aprobar facturas que están sen pagar de 18.539, 32 euros. Para o 2018, o orzamento nesta partida é de 80.000 euros, do que hai que sacar eses 18.540 euros que se deben do 2017. Polo tanto, o que queda para facturas do alumeado público para este ano son 61.460, 68 euros, cando o ano pasado se gastaron 143.539,32 euros.

“Alguén no seu sano xuízo pode facer ese tipo de previsións cos cartos de todas e todos e durmir tranquilo?”, pregunta Ana Ermida. “Se o ano pasado se deixaron de pagar as facturas da luz en agosto, neste ano cando se deixarán de pagar?”, insiste. “Está claro que as preocupacións do PP en Barreiros non son como vai rematar este 2018, senón que vai pasar ao comezo”, conclúe.