MALESTAR [email protected] VECIÑ@S DA MARIÑA POLA NON SUSTITUCIÓN DOS DOUS HEMATÓLOGOS DO HOSPITAL DA COSTA DURANTE DOUS DÍAS

MALESTAR [email protected] VECIÑ@S DA MARIÑA POLA NON SUSTITUCIÓN DOS DOUS HEMATÓLOGOS DO HOSPITAL DA COSTA DURANTE DOUS DÍAS.

Os dous hematólogos da plantilla , con ausencias xustificadas, non foron sustituídos e todas as probas hematolóxicas  foron asumidas polo servizo de hematoloxía do HULA.

A Mariña, 4 de xaneiro de 2018. Durante os días 2 e 3 de xaneiro os dous hematólogos que conforman a plantilla do servizo de Hematoloxía do Hospital da Costa, ausentes con permisos xustificados, non se cubriron pasando a facerse cargo das probas hematolóxicas, tales como os controles de Sintrom e o seu informe coa pauta de tratamento,entre outras, o servizo de Hematoloxía do HULA. Esto causou retrasos na emisión dos devanditos informes mesmo ate a tarde ou noutros casos ate o día seguinte, provocando nos pacientes nerviosismo e inseguridade polas doses de fármaco que debían tomar.

Á  Plataforma Sanitaria dirixíronse profesionais dos centros de saúde da comarca e pacientes, [email protected] porque comezan a apreciar que este colectivo estaba no certo en todo o que adiantou que ocurriría respecto á nosa dependencia do HULA cada vez maior, e que parece que comeza a ir a marchas forzadas.

A Plataforma Sanitaria amosa a súa indignación ante a falta de cobertura [email protected] profesionais que collen permisos debidamente xustificados ,aos que teñen dereito, máis que deben ser cubertos para non coartar os devanditos dereitos  nen condicionar a súa interrupción nun exercicio de responsabilidade profesional , para que a poboación esté debidamente atendida.

 

 

Para máis información chamar a Victor Vila 677343429.