OS REIS MAGOS CHEGARÁN AO CENTRO SOCIOCULTURAL DE SAN COSME DE BARREIROS O 5 DE XANEIRO ÁS 20:15 HORAS

OS REIS MAGOS CHEGARÁN AO CENTRO SOCIOCULTURAL DE SAN COSME DE BARREIROS O 5 DE XANEIRO ÁS 20:15 HORAS.

Barreiros, 2 de xaneiro de 2018. O Concello ultima os preparativos da Cabalgata de Reis, que terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro. As súas Maxestades percorrerán algunhas rúas barreirenses para chegar ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 20:15 horas. Alí visitarán o Nacemento Vivente e despois participarán na recepción aos nenos e nenas que se acheguen a compartir uns minutos con eles.

O Nacemento Vivente estará aberto ao público a partir das oito da tarde do venres.

Estas tradicionais actividades coas que remata o Nadal están organizadas pola Concellería de Cultura e pola Oficina de Información Xuvenil, que contan coa colaboración de vari@s moz@s voluntari@s.