Festival de nadal do CEIP San Cosme de Barreiros

Festival de nadal do CEIP San Cosme de Barreiros

22-12-17

P1110718 BISOs alumnos do Ceip San Cosme de Barreiros vanse de vacacións con moita alegría. A que demostraron na función desta mañá. Divertiron aos espectadores (as familias) cun bo número de actuacións musicais e teatrais, desde contos populares a cancións reivindicativas contra a violencia de xénero a golpe de rock. Como sempre fixeron gala de alegría e moito enxeño e deixaron sobre o escenario divertidas anécdotas. O acto finalizou coa proxección dun vídeo realizado polo equipo escolar no que se mostra a evolución e o compromiso dos estudantes do Ceip San Cosme. Un agasallo moi emotivo para as familias.