A PLATAFORMA SANITARIA PERCORRERÁ  A MARIÑA CUNHA CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA EN VARIAS ETAPAS

A PLATAFORMA SANITARIA PERCORRERÁ  A MARIÑA CUNHA CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA EN VARIAS ETAPAS.

            Será unha caravana de coches con tres itinerarios alternativos á que están convidad@s tod@s @s veciñ@s.

A Plataforma Sanitaria confirma que os próximos actos a desenvolver  polo colectivo no mes de decembro consistirán , entre outros, nunha caravana de coches que co nome xenérico de CARAVANA  POLA SANIDADE PÚBLICA  percorrerá  A  Mariña  en tres etapas, comezando o  vindeiro sábado 9 de decembro.

Cada etapa desenvolverase simultáneamente en tres itinerarios , occidental, oriental e central, de xeito que se percorrerá a comarca ao completo.

A etapa deste vindeiro sábado 9 de decembro, ten como itinerario oriental Ribadeo-Barreiros, a  ruta central será Trabada-Lourenzá- Mondoñedo e o occidental Viveiro- Xove, con saída ás 11 da mañá.

O itinerario Ribadeo – Barreiros  sairá da Praza do Mercado de Ribadeo e remata no Centro de Saúde de Barreiros. Á mesma hora sae o itinerario central dende a Praza do Concello de Trabada, pasará por Lourenzá e desde aquí se dirixe cara ao Centro de Saúde de Mondoñedo, donde remata.Da parte occidental da Mariña , tamén ás 11 horas, sae o terceiro itinerario dende o Pavillón de Deportes Municipal de Viveiro para chegar ao Centro de Saúde de Xove.

Da segunda e terceira etapas a celebrar  só trascenderon as rutas , que serán Barreiros- Foz, Mondoñedo- Valadouro e Xove-San Cibrao o sábado 16 de decembro , sendo as saídas do sábado 23 respectivamente Foz, Valadouro, e San Cibrao para rematar todas diante do Hospital da Costa.

Desde a Plataforma Sanitaria animamos a todas e todos @s veciñ@s da comarca a participar neste acto reivindicativo na defensa da sanidade pública que solicita ao Goberno da Xunta de Galicia a retirada do Anteproxecto de modificación da lei 8/ 2008 de Saúde de Galicia que conducirá á desaparición da Área Sanitaria da Mariña.  As consecuencias da eliminación da Área Sanitaria serán devastadoras para a comarca, pois aumentarán ainda máis as derivacións a Lugo de xeito obrigatorio, non como ahora que é voluntario baixo “advertencias” de ir ao final das listas de agarda. Estes deplazamentos corren ao cargo do paciente ou familiares que a maiores teñen que percorrer 100 quilómetros por unhas estradas obsoletas , motivos máis que suficientes para que se manteña a área sanitaria, do mesmo xeito que se mantén a de Ferrolterra. Con esta CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA aunaremos dúas reivindicacións moi necesarias e case históricas da comarca, o mantemento da Area Sanitaria da Mariña e a construcción do máis que necesario Corredor Barreiros-San Cibrao –sinalan desde a Plataforma Sanitaria