UNHA PACIENTE CANSADA DE QUE AS SUAS DEMANDAS NON SEXAN ATENDIDAS PRESENTA UN ESCRITO NA SUBXERENCIA DO HOSPITAL

UNHA PACIENTE CANSADA DE QUE AS SUAS DEMANDAS NON SEXAN ATENDIDAS PRESENTA UN ESCRITO NA SUBXERENCIA DO HOSPITAL

Burela a  27 de novembro de 2017. A muller leva esperando por un ecocardigrama de stress dende o mes de maio.Dita proba debería terse feito en setembro,polo que no mes de outubro pon a súa primeira reclamación da que non obtén resposta.Pon una segunda reclamación un mes máis tarde, tamén desatendida.Nesas datas decide contactar coa Plataforma Sanitaria para que difundan o seu caso e envíase á prensa.

A deixadez e inoperancia é  tal que de novo contacta coa Plataforma Sanitaria, e tras poner outra reclamación máis,con número de rexistro 37158, presenta un escrito ante a Subxerencia Executiva do Hospital da Costa facendo responsable á dirección do centro do que lle poida pasar en cuestión de saúde ,pois estoy tomando tratamiento para el corazón sin saber si lo necesito o no, ya que no sé lo que tengo.Tomaré las medidas oportunas legales contra la dirección del Hospital y la Gerencia de Lugo- relata la paciente.

Un grupo de veciñas e vecinos piden formalmente copia da súa historia clínica

Na mañá do 27 de novembro un grupo de veciñas e vecinos indignados e preocupados porque os seus historiais clínicos fosen levados para Lugo e a cargo dunha empresa privada, acudiu ao hospital da Costa e formalizaron a solicitude de copia do seu historial completo.

A Plataforma Sanitaria faise eco das súas demandas e pon de manifesto que este é un paso máis por parte do gobernó da Xunta cara una paulatina privatización dos servizos sanitarios como vimos decindo dende hai tempo – manifestan desde a Plataforma.

Para máis información chamar a Victor Vila 677343429

O CONCELLO DE BARREIROS RECIBIU DURANTE O MES DE SETEMBRO CERCA DE DEZ NOTIFICACIÓNS, DENUNCIAS E RESOLUCIÓNS DE EXPEDIENTES POR INFRACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS

O CONCELLO DE BARREIROS RECIBIU DURANTE O MES DE SETEMBRO CERCA DE DEZ NOTIFICACIÓNS, DENUNCIAS E RESOLUCIÓNS DE EXPEDIENTES POR INFRACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS

O BNG preguntou ao respecto no pleno de onte, non obtendo respostas de parte da Alcaldía nin do Concelleiro de Medio Ambiente, que din non saber a que se refiren.

Barreiros, 28 de novembro de 2017. O grupo municipal do BNG preguntou no pleno do luns a respecto de preto de dez notificacións provintes da Consellería de Medio Ambiente, do Ministerio, de Seprona e de Augas de Galicia nas que se deixa constancia de continuas actuacións que deterioran o medio ambiente.

Non obtiveron respostas desde a Alcaldía, que di “non saber a que se refiren” ningunha das notificacións e, nin sequera, as, resolucións sancionadoras. De feito, a portavoz municipal do BNG, Ana Ermida, informou que o día 20 de setembro tiveron entrada no rexistro municipal dous escritos de Augas de Galicia nos que se comunican sendos acordos de resolución de expedientes sancionadores na Barranca, en San Miguel e en Arealonga, en Reinante. “Chama a atención que Alcaldía e Concellería de Medio Ambiente descoñezan o contido duns expedientes nos que se propón sancionar ao Concello. E máis cando un deles, o de Arealonga en Reinante, é un expediente por ter desatendido un requirimento feito con anterioridade”, advirte Ana Ermida.

O BNG solicitou acceder aos expedientes aos que se refiren as notificacións para coñecer o alcance das mesmas. A formación nacionalista asegura que “a cantidade de escritos sobre incumprimentos e infracións do Concello de Barreiros en materia medioambiental dan mostra de como actúa este goberno, do respecto polo medio que teñen e, o que é máis grave, das consecuencias que a súa política está tendo, incluso, na economía municipal.”

O Alcalde pretende que outras administracións lle solucionen os problemas que el non afronta.

Desde o grupo municipal do BNG aseguran que “Alfonso Fuente e o seu equipo de goberno están situándose nunha posición victimista e cómoda tratando de escurrir a súa responsabilidade e demandando que sexan outras administracións as que actúen.”

“Desde logo que o traballo en materia medioambiental debe ser conxunto de todas as administracións, pero o que non vale é ampararse no que outras deixen de facer para non responsabilizarse de cumprir que ten o Concello”, afirma Ana Ermida. “Non poden ampararse en que outras Administracións non comprometen investimentos cando o gobeno municipal é incapaz sequera de cumprir con uns mínimos medioambientais”, conclúen.