O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en Barreiros, acolleu o pasado domingo unha actuación do grupo de teatro O Bordelo

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en Barreiros, acolleu o pasado domingo unha actuación do grupo de teatro O Bordelo, á que asistiron arredor de cen persoas. A representación enmarcouse dentro do ciclo Buxiganga da Deputación de Lugo. Ao remate Francisco Piñeiro dedicoulle unhas verbas, escritas por él, a Xosé Manuel Carballo (falecido hai uns días), onde poñía en valor a súa ampla vida social e cultural a favor da cultura galega.