“OLLOMAO” ESTREA A SÚA NOVA PRODUCIÓN EN BARREIROS

“OLLOMAO” ESTREA A SÚA NOVA PRODUCIÓN EN BARREIROS

“ENCICLOPEDIA ÁLVAREZ” REPRESENTARASE POR PRIMEIRA VEZ NOS COLEXIOS VELLOS DE SAN MIGUEL OS DÍAS 3, 4 e 5 DE NOVEMBRO

O venres 3 de novembro ás dez da noite o grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao porá en escena a súa nova obra no salón de actos dos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante. O sábado 4 haberá unha nova función ás oito da tarde e o domingo 5 unha terceira oportunidade ás seis da tarde. Con esta variedade de horarios procúrase que todas as persoas que o desexen poidan ter oportunidade de achegarse para participar nalgunha das representacións.

A “Enciclopedia Álvarez” é sen dúbida, o libro que con máis claridade identificamos coa escola da época franquista. Un compendio de saberes reunidos nun ÚNICO volume como símbolo daquela escola centrada na transmisión do pensamento “único”, da ideoloxía “única”, da lingua “única”, da relixión “única”,…

A nosa “Enciclopedia Álvarez” é a historia do día a día de catro nenas e catro nenos sometidos á absurda e ilóxica “des-educación” da escola franquista. Unha historia contada con humor, porque desde o humor é máis agradable exercer a sempre necesaria memoria histórica. Unha historia que nos axuda a comprender o absurdo dun sistema educativo autoritario e irracional. Un absurdo incrementado polo paso do tempo, pero que durante máis de corenta anos foi un dogma imposto pola forza.

A nova educación imposta polo franquismo debía borrar todos os aspectos de renovación e avance educativos. Fronte á idea republicana de “formación de cidadáns libres e iguais” agora tratarase de “formar leais e entregados súbditos” da nova España que se estaba construíndo. A escola debía inculcar unha serie de valores que se poden resumir nun exaltado patriotismo españolista e na obediencia a Franco e ás autoridades.

A ditadura volve separar nenas e nenos, cambia de novo os planos de estudos, reintroduce a Relixión como materia obrigatoria e introduce “Formación del Espíritu Nacional” e “Enseñanzas del Hogar”, esta última só para as nenas, e ambas as dúas impartidas por militantes de Falanxe. Así, o ensino quedaba totalmente controlado.

Pasouse, por dicilo de forma moi plástica, a unha “escola que tiña púlpitos en lugar de tarimas, reclinatorios no canto de pupitres e encíclicas por libros de texto”.

Ao mesmo tempo, como afirma o profesor Antón Costa Rico, “O profesorado era agora, “á forza”, un colectivo medoñento, autocensurado, autorreprimido, pasivo, resignado e submiso. Un colectivo ao que se chega, en moitos casos, de forma irregular como ex combatentes falanxistas ou mulleres da Sección Femenina”.

 “Enciclopedia Álvarez” é unha invitación ao sorriso. Un achegamento a estas historias desde os ollos inocentes dos nenos e nenas protagonistas da obra. Nenos e nenas que as lembran desde a súa posición actual de adultos e baixo o prisma do paso do tempo que todo o suaviza. Unha invitación ao sorriso, sobre todo porque nos fala dun pasado “aparentemente” afastado da nosa realidade actual.

As entradas, que xa están á venda en establecementos do concello de Barreiros ata o 31 de outubro, teñen un prezo de 3 €. Desde Ollomao recordan que o aforo está limitado a 150 persoas por función, polo que se debe adquirir a entrada para o día que se desexa asistir. Igualmente, haberá tamén venda en taquilla, que se abrirá media hora antes de cada función.

Para máis información sobre este eventou ou consultar a posibilidade de cambios de día sobre as entradas, está dispoñible o número de teléfono  635 50 13 56 (Ramón Casas Oroza).

Seis funciones teatrales este fin de semana en A Mariña

Seis funciones teatrales este fin de semana en A Mariña

.
CEDIDA

Hoy en Viveiro?•?18.00 horas?•?Teatro Pastor Díaz?•?Público: todas las edades?•?«Píscore ?la compañía que hoy llega a Viveiro, explican? achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos da comedia xestual». «Un espectáculo ?añaden? de vocación universal que fará rir e disfrutar a público de todas as idades apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical».

Hoy en Burela •?20.00 horas?•?Casa da Cultura?•?Para mayores de 12 años?•?Circuito Buxiganga?•?El programa Buxiganga del Área de Cultura de la Deputación Provincial de Lugo trae este sábado una oferta teatral, con Hipócrita Teatro y su obra Hotel Desencanto. «Trátase dunha peza de teatro contemporáneo, dirixida por Carlos Rebolo, que mestura drama, comedia e suspense», informan. Hipócrita Teatro nació en Lugo en el año 2004.

Hoy en O Vicedo •?20.00 horas?•?Casa da Cultura?•?Entrada gratuita?•?Circuito Buxiganga?•?El sábado es día de función en O Vicedo, con la presencia del grupo de teatro aficionado Metátese Teatro, de Palas de Rei, en la localidad para representar una obra apta para todos los públicos. Es O euromillón.

Hoy en Alfoz •?20.00 horas?•?Centro Sociocultural?•?Circuito Buxiganga?•?El programa de teatro aficionado a nivel provincial acerca hoy a Alfoz a Os Trocos con Full Monte.

Y mañana

Mañana en Ribadeo •?20.30 horas?•?Teatro?•?Circuito Buxiganga?•?Dentro de la programación de la Deputación está la representación de A Adala, hoy en Ribadeo: O que hai que ver ao volver. «Un mozo que emigra e non consegue os seus soños e volve co posto e cun billete de lotaría».

Mañana en Barreiros •?18.00 horas?•?Centro Sociocultural?•?O Bordelo representará mañana O malquerer, dentro de Buxiganga.

Un grupo afincado en la zona puede estar detrás de los robos en Barreiros

Un grupo afincado en la zona puede estar detrás de los robos en Barreiros

Los últimos cuatro chalés asaltados están situados en Benquerencia

.
PEPA LOSADA
VIVEIRO / LA VOZ 

La Guardia Civil investiga los robos que se han cometido en la zona de Barreiros en las últimas semanas. Los cuatro que han trascendido esta semana se han cometido en la última quincena y fueron denunciados el pasado jueves, día 26. Aparte de estos hay una quinta vivienda en la que intentaron robar, sin lograrlo.

Todas las edificaciones se encuentran ubicadas en la zona de Benquerencia, próximas al litoral. Serían en su mayoría viviendas que se utilizan básicamente durante las vacaciones, de las cuales se llevaron distintos enseres.

En todos se repite el mismo modus operandi; los ladrones entran forzando puertas o ventanas y se llevan los artículos habituales en cualquier domicilio de estas características, televisores, electrodomésticos, herramientas. Al parecer, pese a que en fuentes oficiales siempre se han vinculado la proliferación de robos en la parte oriental de la comarca a la presencia de la autovía, en este caso barajarían la posibilidad de que se tratase de un grupo afincado en la zona, que se ocupa de vigilar y fijar los objetivos para comprobar que tienen vía libre para actuar. En la comarca se ha dado un caso similar hace un tiempo, el de un clan luso afincado en la zona de Cangas y Fazouro, alguno de cuyos miembros vincularon a decenas de robos cometidos durante años no solo en estas parroquias de Foz, sino en municipios limítrofes, como O Valadouro. Algunos de los enseres que habían robado aparecieron en la vivienda que ocupaba el cabecilla del grupo, con su familia, en Cangas. El sujeto había huido.