Protestas contra la supresión del área sanitaria de A Mariña

Protestas contra la supresión del área sanitaria de A Mariña

A mediodía hubo concentraciones en el Hospital da Costa y en los centros de salud de la comarca

M. CUADRADO 
BURELA / LA VOZ 

Este mediodía tuvieron lugar las primeras protestas para rechazar la supresión del área sanitaria de A Mariña. Trabajadores del Hospital da Costa, cargos públicos del PSOE y del BNG, representantes sindicales y vecinos respaldaron la concentración convocada por la Xunta de Persoal ante el centro hospitalario. Exigieron la retirada del anteproyecto de la reforma de la Lei de Saúde de Galicia, demandan un área de gestión integrada para A Mariña “con plena capacidade de xestión en asistencia primaria e especializada” y solicitan un giro de 90 grados en las políticas que tienden “ao progresivo deterioro da sanidade pública”. Además de alcaldes y concejales socialistas y nacionalistas de toda la comarca, también se sumó a la concentración el portavoz del grupo parlamentario del PSdG-PSOE, Xoaquín Fernández Leiceaga, quien defendió la necesidad de reforzar la sanidad pública frente a lo que plantea el Gobierno gallego con el anteproyecto de reforma de la ley que impulsa la desaparición de áreas sanitarias como la de A Mariña. Cree que en materia sanitaria no puede haber diferencias en la atención que se dispensa a unos ciudadanos u a otros solo por vivir en diferentes zonas de Galicia. Solo una hora antes de la concentración, el delegado territorial de la Xunta, José Manuel Balseiro, defendía en rueda de prensa y a las puertas del hospital mariñano que la futura ley consolida el modelo de gestión integrada “que permitiu que médicos do HULA atenderan máis de 8.500 consultas no Hospital da Costa”. Balseiro aseguró que el hospital mariñano continuará siendo el centro de referencia para los vecinos del norte de la provincia.

«Buscamos que Eido Dourado sexa máis que un espazo expositivo»

«Buscamos que Eido Dourado sexa máis que un espazo expositivo»

O programa cultural deste espazo acolle danza, teatro, talleres para nenos e máis

.
CEDIDA CELSO DOURADO
SARA GIL M. C. 
BARREIROS / LA VOZ 

Celso Dourado abriu por novena tempada este verán o espazo Eido Dourado en Barreiros, onde a arte do noso país ten un lugar no que medrar… E hai tres días pechou as portas por este ano, cun balance máis que positivo das actividades que se organizaron ao longo destes meses. Neste recuncho houbo concertos, teatro, danza, talleres para nenos e tamén se renovou a exposición con novas pezas do autor. Todo, como el di, «gratuíto e altruísta», para potenciar a cultura que temos preto da casa. Os concertos, enmarcados no ciclo Sons ao Solpor, acolleron a unha grande variedade de artistas. Entre eles, Mónica de Nut, que presentou nel o seu disco «Raíces Aéreas»; ou o grupo Odaiko, que fixo retumbar coa súa percusión o entorno da praia de As Pasadas, onde se ergue Eido Dourado. As tardes foron dos máis pequenos, cos laboratorios creativos dirixidos por Lucía Vila, e que despertaron a curiosidade artística de nenos e nenas. «Síntome moi ledo de aguantar firmemente esta bandeira de promover eventos con escasos recursos», apuntou.

-Cal é o balance deste verán en Eido Dourado?

-Moi positivo, dada a cantidade de actividades que se organizaron e a acollida que tiveron.

-De todas as opcións de ocio ofertadas, cal foi a que máis gustou ao público?

-Creo que os laboratorios creativos para os pequenos e o ciclo de concertos Sons ao Solpor son as que máis público tiveron. Os laboratorios creativos para os pequenos estaban impartidos por Lucía Vila e tiveron lugar nas tardes de xullo e agosto. Dentro do ciclo de concertos Sons ao Solpor -que tiveron lugar en Eido Dourado e no Cámping Gaivota- púidose escoitar a moitos artistas galegos e que presentan un aire fresco na nosa música.

-Que se traballaba nos laboratorios creativos para os nenos?

-Era un lugar no que os máis pequenos podían poñer toda a súa atención no que lles rodeaba. Traballaban en torno á miña obra e fomentando a curiosidade artística. Lucía Vila, a encargada de dirixilos, quedou moi satisfeita co traballo realizado.

-Cal é a finalidade de abrir as portas deste lugar que acolle tantas alternativas de ocio?

-Buscamos que sexa máis que un espazo expositivo, senón que sexa máis completo. Preténdese promover a cultura do noso país, os proxectos novos dos músicos e moito máis. Hai que potenciar a arte da nosa terra e darlle espazo. Por aquí pasou, por exemplo, o grupo Xógara, de folk británico e formado en Oxford e que inclúe temas en galego no seu repertorio. É un dos exemplos da diversidade cultural.

Viaje al Algarve, desde Barreiros

Viaje al Algarve, desde Barreiros

Está organizado por la Asociación de Mulleres Rurais de Barreiros

.
NANI ARENAS

En octubre, del 11 al 15 • Anotan en los teléfonos de contacto 982 124 044 ó 646 172 774 • El Algarve es una de las zonas más turísticas de Portugal, también apreciada por los mariñanos como destino vacacional. Desde la Asociación de Mulleres Rurais de Barreiros se organiza un viaje al Algarve que tendrá lugar a mediados del mes de octubre. El precio incluye autocar y alojamiento, pero no incluye entradas a monumentos, señalan.

La Diputación generó en A Mariña sus programas 33 empleos en noventa días

La Diputación generó en A Mariña sus programas 33 empleos en noventa días

El organismo provincial impulsó los programas Ben Empregado y Depuemprego

.
ALBERTO LÓPEZ
VIVEIRO / LA VOZ 

La Diputación Provincial hace balance del número de empleos generados gracias a sus programas Ben Empregado y Depuemprego. Señala que de los 210 generados en los últimos 90 días en la provincia, a A Mariña corresponden 33, repartidos entre 12 concellos. En Ribadeo, 10; en Barreiros, 1; en Cervo, 1; en Foz, 1; en Lourenzá, 1; en Mondoñedo cinco; en A Pontenova, 4; en Trabada, 2; en Viveiro, 3; en Xove, 1 y en Ourol 1.

COMEZARON AS OBRAS DO NOVO DEPÓSITO DE AUGA DE SAN CAETANO, EN BARREIROS

COMEZARON AS OBRAS DO NOVO DEPÓSITO DE AUGA DE SAN CAETANO, EN BARREIROS. OS TRABALLOS FORON SUPERVISADOS POLO ALCALDE. O INVESTIMENTO ASCENDE A 1 MILLÓN DE EUROS E O PRAZO DE EXECUCIÓN É DE 6 A 7 MESES.

Barreiros, 25 de agosto de 2017. Deron comezo as obras do novo depósito de auga de San Caetano, en Barreiros. Estas obras xa foran adxudicadas hai un tempo pero empezaron hoxe tras contar con todas as autorizacións pertinentes. O investimento ascende a 1 millón de euros e o prazo de execución será de seis a sete meses, segundo anunciou esta mañá o alcalde.

Alfonso Fuente contou que “hoxe visitaba o inicio das obras do novo depósito cabeceira en San Caetano, en Celeiro de Mariñaos, que é o que dá servizo a toda a rede de augas. É unha obra que se ben xa fai meses foi adxudicada, non se iniciara dado que estábamos pendentes de autorizacións do Ministerio de Fomento, e polo tanto hoxe se daba inicio a eses traballos que van supoñer unha mellora importantísima na rede de abastecemento de auga”.

O rexedor dixo que “este verán houbo moitísimo consumo de auga, pero puidemos afrontalo sen ningún problema, sen cortes, pero con iso non podemos pensar que xa está todo solucionado, senón que hai que seguir mellorando e polo tanto imos aumentar ese depósito cabeceira, mellorar a depuradora e todo de cara aos vindeiros anos que se prevé un aumento importante de visitantes no noso concello”.

O alcalde de Barreiros sinalou que “as obras é posible que duren seis ou sete meses dado que é un investimento importante porque estamos a falar de preto de 1 millón de euros”.

Fuente Parga advirte que “nalgún momento pode haber cortes como xa pasaba hoxe que tocaron un tubo que abastece á zona de Cabarcos e A Rigueira, foi reparado en menos dunha hora, pero dado o calibre das obras nalgún momento, sobre todo dentro dun par de meses, xa iremos avisando dos cortes que poidan producirse sempre que se poida e non sexa unha rotura inesperada ou fortuíta”.

O rexedor engadiu que “se vai intentar facer a obra, tendo en conta que falamos de facer un novo depósito pegado ao depósito que dá servizo a toda a rede, e de facer unha nova depuradora que vai ubicada no mesmo sitio onde está a outra funcionando, nalgún momento pode haber algún día que haxa que facer eses axustes ou eses cambios que poidan supoñer algún problema no abastecemento”.

O alcalde de Barreiros lembrou que “estas obras son financiadas con cargo ao convenio asinado no seu día cos promotores”.

DÚAS FUGAS DE AUGA EN PLENO CENTRO DE SAN COSME LEVAN MESES SEN ARRANXAR

DÚAS FUGAS DE AUGA EN PLENO CENTRO DE SAN COSME LEVAN MESES SEN ARRANXAR

Mentres o Alcalde se adica a sacar bandos restrinxindo o uso da auga e a lanzar consignas para que o consumo de auga sexa responsable, a traída municipal perde miles de litros diarios por fugas que non se arranxan.

Barreiros, 24 de agosto de 2017. O Bloque Nacionalista Galego en Barreiros advirte de que a traída municipal de auga adoece de graves deficiencias, existindo na actualidade dúas importantes fugas en pleno centro de San Cosme que supoñen desperdiciar auga diariamente. As fugas verten nas cunetas que hai xunto ás vivendas sociais novas e pola estrada que baixa á praia, chegando incluso a saír á estrada en zonas.

A portavoz municipal afea a conduta do rexedor popular, Alfonso Fuente, e do seu equipo de goberno que “outra vez tratan de desviar a atención e de culpabilizar dun mal uso da auga ás veciñas e veciños, mentres a súa incompetencia fai que haxa dúas fugas de auga en San Cosme sen arranxar desde hai meses, perdendo gran cantidade de auga diariamente.”

“Non é decente que se saquen bandos a primeiros de verán impoñendo restriccións ao rego ou outros usos da auga e que o goberno municipal sexa incapaz de ordenar solucionar dúas fugas que están botando auga todo o día. A postura do Alcalde e o seu equipo é absolutamente demagóxica e, desde logo, non están lexitimados para pedirlle a ninguén mesura no uso da auga”, afirman.

Para o BNG, “isto é mostra da inoperancia do goberno municipal que é incapaz de xestionar un servizo como o abastecemento de auga. Este problema vén sumarse ás continuas deficiencias deste servizo que sofren as veciñas e veciños de Barreiros: auga turba cando chove, falta de presión ou cortes continuos por falta de subministro, entre outros.”

Desde o BNG ínstase ao goberno municipal a que arranxe “coa máxima urxencia estas fugas e revise a traída municipal para evitar estar deperdiciando auga, mentres se restrinxe o seu uso a veciñas e veciños.”

Un prezo astronómico para un servizo deficitario.

A portavoz municipal nacionalista critica que “co que subiron o prezo da auga, que desde hai cinco anos duplicou os recibos en moitos casos, non é lóxico que as veciñas e veciños de Barreiros non recibamos un servizo mellor. Só co que se ingresa anualmente por este servizo a costa do que se paga por recibos, dá para xestionalo en mellores condicións e garantir un subministro estable.”

“Se hai que recortar gastos que sexa en cuestións innecesarias ou que se poderían xestionar doutro xeito, pero non na calidade do subministro que reciben as veciñas e veciños”, conclúe Ana Ermida.

Playacán

Playacán

JAVIER GARCÍA CALLEJA 

Para aquellas personas que decidimos compartir nuestra vida con un perro, la decisión del concello de Barreiros, de designar un arenal para uso y disfrute de las familias con animales, fue una esperanzadora y gran noticia.

A principios de julio, los accesos a los arenales aparecieron sembrados de carteles con la prohibición del paso a los perros. Fue como si, de pronto, los presupuestos del Ayuntamiento se dedicaran a la adquisición de señales de prohibición contra la presencia de nuestros mejores amigos. Era decepcionante.

Ahora, el concello pone a disposición de quienes viajamos con canes, disfrutar en su compañía en el arenal de Punta Corveira.

La visita a esta playa, acompañado de mi familia y amigos, fue de lo más gratificante: varias decenas de perros corriendo, jugando y bañándose en un espacio ausente de cualquier resto de suciedad, bajo la atenta mirada de sus dueños. Ni un solo problema, excepto la incomodidad de dar explicaciones sobre la presencia de los cánidos a quienes les resulta intolerable convivir con animales.

Junto a nuestras felicitaciones al concello de Barreiros, unas sugerencias: Adapten el acceso a Punta Corveira, para evitar accidentes entre sus usuarios; mantengan en uso las papeleras del entorno y, sobre todo, pongan carteles en los accesos a todos los arenales, para evitar que se usen como campos de fútbol, tenis o de pádel, por ejemplo. Queda a su iniciativa advertir a los anti-animalistas de la presencia legal de perros en Punta Corveira.

PISTOLETAZO DE SAIDA DA V – CARREIRA POPULAR BENQUERENCIA TERRA MAR

PISTOLETAZO DE SAIDA DA
V – CARREIRA POPULAR BENQUERENCIA TERRA MAR
O pasado Martes 22-08-17, as sxete da tarde, no paseo marítimo da Praia de Fontela en
Benquerencia – Barreiros (Lugo), tiña lugar coa asistencia de distintas autoridades (Excmo. Sr.
Alcalde do Concello de Barreiro D. Alfonso Fuente – Xefe Servizo de Deportes da Xunta de Galicia
D. Manuel Otero, a Diputada de Economía da Diputación de Lugo Dª Maira Martínez e D. josé
Otero Presidente do C.I.R de Benquerencia (asociación organizadora) asi como de representantes
das empresas e asociación colaboradoras como Banco Mediolanum, Coca Cola, Erosky, Hotel
Balcón de San Bartolo, IG10, Aceites Abril, Trofeos Vip Trophy Monforte. A presentación oficial da
V CARREIRA POPULAR BENQUERENCIA TERRA MAR, que este ano terá lugar o vindeiro 10
de Setembro a partir das 12 h. organizado pola asociación Centro de Instrucción y Recreo de
Benquerencia
DESTACAR:

-A sinerxia de colaboración para esta carreira das 3 administracións (Diputación de Lugo, Xunta
de Galicia e Concello de Barreiros)
-A colaboración de empresas coma Mediolanum, Coca Cola, Erosky, Balcón de San Bartolo,
IG10, Aceites Abril, Trofeos Vip Trophy Monforte.
-A organización do CIR Benquerencia e a colaboración de clubs e asociacións coma Club Praias
de Barreiros, Asociación Vea ou Protección Civil de Barreiros e outros moitos voluntarios que
colaboran de forma altruísta.
-A cantidade de público e corredores que asisten son consecuencia da participación de corredores
que xa coñecen o que é subir a podiums internacionales, como son o caso de Mª José Castro Soliño,
Adrián Ben ou Iván Raña ou de outros moi coñecidos a nivel nacional coma Jesús Rego Cadahía,
David Hernández, Natalia Lorenzo, Nohemí Freijo ou Ana Margaride que foron todos eles
campións das 4 edicións anteriores da Benquerencia Terra Mar.
-A V edición vai a contar unha vez máis có mellor speaker de Atletismo de Galicia, Felipe
Barata, que é a persoa que máis controla de corredores e atletas a nivel autonómico e nacional.
-Para control das carreiras teremos a Pablo Gandoy (delegado durante varios anos da
F.G.Atletismo) e a Juan Somoza (Recoñecemento ó Mérito Deportivo da Xunta) e todo
cronometrado pola empresa Championchip.
-Teremos un ano mais inchables gratuítos para os participantes de categorías menores.
-Os 2 gañadores absolutos levarán trofeo inédito, un fin de semana gratis no Hotel Balcón de San
Bartolo e reloj de diseño.
-Os 3 clasificados de cada categoría da carreira absoluta, levarán un trofeo inédito e unha bolsa
con varias camisetas e unha botella de aceites Abril.
Nota: Agradeceriase se fixese constar na redacción da noticia a mención dos asistentes, tanto
autoridades como empresas colaboradoras, así como a importancia da concurrencia de corredores
de élite a nivel non so nacional sinon mundia