Candidatura del BNG al Concello de Barreiros

BNG
ANA ERMIDA ENCABEZA A LISTA DO BNG EN BARREIROS COMO “ALTERNATIVA CLARA” AO DESGOBERNO DO PARTIDO POPULAR

O vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, irá de número dous dunha lista paritaria con 8 homes e 8 mulleres e con 10 persoas independentes

Ana Ermida afirma que o Bloque é “garantía de seriedade e honradez” para o Concello e de que este “sempre estará ao servizo de todos os veciños e veciñas e non de intereses particulares”

Barreiros, 16 de abril de 2015.- A actual portavoz municipal e responsable comarcal do Bloque, Ana Ermida, encabezará a lista do BNG en Barreiros co vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, de número dous dunha candidatura que se presenta como “alternativa clara e real ao Partido Popular”.

Os nacionalistas, que se presentan baixo a fórmula BNG-Asembleas Abertas, presentan en Barreiros unha candidatura paritaria formada por 8 homes e 8 mulleres, das que 9 nunca antes tomaran parte nunha lista electoral, e na que dan entrada a 10 persoas independentes.

“Presentamos a mellor candidatura de todas as que se presentan en Barreiros, a máis formada e preparada, socialmente representativa de todas as parroquias e de todos os sectores produtivos de Barreiros e presentámonos como unha alternativa clara de goberno para sacar a Barreiros da parálise e o desgoberno no que ten sumido o Partido Popular o Concello”, afirma Ana Ermida, que destaca que “o Bloque é garantía de seriedade e honradez en Barreiros e de que o Concello sempre estará ao servizo de todos os veciños e veciñas e non de intereses persoais e particulares”.

Candidatura de xente moza xunto a persoas con experiencia

Logo da actual portavoz municipal, Ana Ermida, de 31 anos e licenciada en Dereito, e do vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, integran a lista como número 3 Montse Porteiro, diplomada en Enfermería e traballadora na Unidade de Diálise do Hospital da Costa, e Dámaso Ratoeira Basanta, axente medioambiental e veciño de San Cosme, como número 4.

Como número 5 irá María Belén Fernández Soto, mestra e veciña de San Miguel, como número 6 Cándido Álvarez Veiga, gandeiro da Rilleira, e como número 7 Marta Castrillón, de 25 anos e traballadora do sector do comercio. Nunha lista ampla, na que incorporan 5 persoas suplentes, ademais das 11 titulares, a formación nacionalista pretende representación de todas as idades, sectores e situacións. Así forman parte da mesma gandeiros, amas de casa, xubiladas, estudantes e traballadoras e traballadores na administración e na empresa privada. Con esta mesma intención, incorporan como suplente a Lucía Pérez García, veciña de San Cosme, emigrada no Perú, que na fotografía de candidatura representan con unha maleta, “simbolizando a emigración da mocidade galega que segue a ser expulsada do País como consecuencia das políticas levadas a cabo polos distintos gobernos.”

A lista complétana Daniel García, Xoán Antonio Fernández Sante, Aurora Moreira Bermúdez, Diego Vizoso, Cristina González, Xoán Manuel Díaz Branco, Lucía Pérez García, Olga Villarino e Xesús Díaz.

CANDIDATURA  BNG-ASEMBLEAS ABERTAS BARREIROS

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2015

ANA BELÉN ERMIDA IGREXAS. 31 anos. Portavoz municipal en Barreiros. Licenciada en dereito. Técnica superior en desenvolvemento local. Xerente do GDR da comarca de A Mariña. Reinante.

ANTONIO VEIGA OUTEIRO. 52 anos. Concelleiro do BNG en Barreiros. Vicepresidente da Deputación de Lugo. Celeiro.

MONTSERRAT PORTEIRO SANCHEZ. 48 anos. Diplomada en Enfermería. Traballadora na Unidade de Diálise do Hospital da Costa. San Cosme.

DÁMASO RATOEIRA BASANTA. 43 anos Capataz forestal. Axente Mediambiental. San Cosme.

MARÍA BELEN FERNÁNDEZ SOTO. 47 anos. Diplomada en Maxisterio. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Mestra no CEIP Virxe do Carme de Burela. San Miguel.

CÁNDIDO ÁLVAREZ VEIGA. 57 anos. Gandeiro. A Rilleira. Cabarcos.

MARTA CASTRILLÓN FREIRE. 25 anos. Diplomada en enfermaría. Traballadora no comercio. San Miguel.

DANIEL GARCÍA FERNÁNDEZ. 25 anos. Diplomado en Maxiterio por Educación Física. Técnico superior de TAFAD. Monitor de ximnasia. Celeiro.

XOAN ANTONIO FERNÁNDEZ SANTE. 32 anos. Palista. Ibia. San Xusto.

AURORA MOREIRA BERMÚDEZ. 52 anos. Ama de casa. San Cosme.

DIEGO VIZOSO CASTRO. 21 anos. Estudante do ciclo superior de automoción. San Pedro.

CRISTINA GONZÁLEZ PARDO. 60 anos. Ama de casa. Celeiro.

XOAN MANUEL DÍAZ BRANCO. 37 anos. Diplomado en Turismo. Presidente do Comité de Empresa de Irmandiños. Directivo do Iberia. Músico. San Miguel.

LUCÍA PÉREZ GARCÍA. 31 anos. Licenciada en belas artes. Técnica de imaxe persoal, perruquería e estética. San Cosme. Emigrada no Perú.

OLGA VILLARINO RODRÍGUEZ. 71 anos. Xubilada. Celeiro/ San Cosme.

XESÚS DÍAZ BLANCO. 46 anos. Diplomado e Licenciado en Ciencias Empresariais. Asesor contable e fiscal. San Miguel.